Nota de prensa XPAP: Xunt@s por As Pontes apoia as reivindicacións das traballadoras do servizo de recollida RSU e limpeza viaria

O luns 16 ás 20:30h, diante do Concello, terá lugar a concentración en demanda dun convenio colectivo local, a equiparación salarial e a restitución dos dereitos económicos.

429

A plataforma veciñal Xunt@s por As Pontes apoiamos as reivindicacións dos traballadores e traballadoras da UTE que xestiona o servizo de recollida de residuos sólidos urbáns e limpeza viaria do Concello de As Pontes.

O luns ás 20:30h estaremos acompañándoas e animamos a toda a veciñanza a participar na concentración que se celebrará ás portas do Concello en defensa dos seus dereitos laborais:

– a negociación dun convenio colectivo aplicable ao centro de traballo local, que recolla e garanta os dereitos das traballadoras;
– a equiparación salarial entre os traballadores das dúas empresas que conforman a UTE (Valoriza – limpeza viaria- e Grupo Soil – recollida RSU-). Actualmente, as empregadas de Valoriza teñen salarios inferiores por desempeñar o mesmo traballo;
– a restitución dos dereitos económicos e laborais dos empregados de Valoriza, que dende o 2016 permanecen co salario conxelado.

Ademáis, dende o grupo municipal de Xunt@s por As Pontes e cos outros grupos da oposición, vimos de pedir a convocatoria urxente da Xunta de Voceiras para que o goberno local nos explique a situación na que se atopan as traballadoras e as xestións que están levando a cabo coa UTE concesionaria para dar solución ás súas lexítimas demandas laborais.

As Pontes, 13 de xullo de 2018

Máis información en www.xuntosporaspontes.com

También podría gustarte
Comentarios