PRESENTACIÓN DO CD AS PONTES

Este venres á tarde púxose a andar o CD As Pontes de cara á nova campaña 2018-19 na Preferente Norte.

811

Fixérono os 17 xogadores do primeiro plantel (algúns non puideron acudir), Guille e Unai, que estarán a proba, Josiño e Peque, que rematan ciclo xuvenil, e os xuvenís, Nesi, Dani, Óscar, David, Vilela, Breijo e Chema.

En presencia do Concelleiro de Deportes, Chicho Tembrás, o Presidente do clube, Xaime Castro, e o director deportivo, Iván Rodríguez, pronunciaron unhas palabras, e despois xa Marco Roca deu inicio ó primeiro adestramento da nova campaña.

O As Pontes enfróntase a vindeira fin de semana a O Val na Copa Deputación, e de conseguir superar esa eliminatoria recibiría ó Racing de Ferrol.

Nova cortesía de Xose Ferreiro

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios