ESPAÑA CLASIFICA PARA A GRAN FINAL

Xogará o vindeiro luns contra Alemaña

813

A Selección Española Sub19 feminina de fútbol logrou hai uns minutos a clasificación para a final do Campionato de Europa tras gañar a Dinamarca por 1-0, tanto da xogadora pontevedresa Tere Abelleira.

O partido de semifinais foi moi complicado como se agardaba, e de feito no primeiro período dominaron as nórdicas, que incluso estrelaron dous balóns no longueiro, ante unha España que apenas inquedou a área visitante.

No segundo período, cambiou o guión, e España apretou dende o inicio. Mediado o tempo, a medio centro do deportivo Tere Abelleira marcou un gran tanto nun forte disparo dende uns 35 metros, que se lle acabou colando por riba á gardamallas danesa.

Tivo dúas claras ocasións Athenea Del Castillo para sentenciar, pero houbo incertidume ata o último instante xa que o combinado español concedeu moitos córners, co consabido perigo ante un equipo tan físico.

Non se moveu o electrónico e España xogará a gran final do torneo contra Alemaña, que venceu 2-0 na outra semifinal a Noruega con dous tantos xusto no final do primeiro período e no inicio do segundo.

Alemaña é o gran dominador da categoría, con seis títulos, e nas finais das alemanas contra as españolas, en sub17, catro vitoria teutonas, tres por penaltis, por unha soa española, precisamente este ano, e na categoría sub19, triunfo alemán 4-2 na final do 2000, e vitoria española na do 2004, con tantos de Iraia Iturregui e Jade Boho.

Nova cortesía de Xose Ferreiro

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios