Resultados do Xuvenil-Matojoma no Campionato Galego de Pista Infantil

O pasado sábado 21 celebrouse en Verducido o Campionato Galego de Pista Infantil.

578

Os nenos e nenas dos clubs de toda Galicia competiron esta vez na distancia de 1000 m en formato de pista, con eliminatorias e finais por “calles”, en embarcacións K1, C1, K2, C2, K4 e C4.

Na que foi para a maioría dos integrantes do equipo infantil pontés a primeira participación nunha competición destas características, os resultados foron os seguintes:

Antón García: 25º k1 infantil A.
Pablo Vispalia e Antón García: 17º k2 infantil A
Celia Durán: 7ª k1 infatil A
Inés Domínguez: 10ª k1 infantil B
Ada Fernández: 15ª k1 infantil B
Ineś Domínguez e Ada Fernández: 6ª k2 infantil B.

No cómputo total por equipos, as integrantes do equipo feminino acadaron o 8º posto.

Nova cortesía do Grupo Xuvenil Piragüismo

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios