Os argalleiros no Amigus Labs Maker 18.4

O 26 e 27 de xullo os argalleiros ponteses compartiron coñecemento e tecnoloxía dentro fab lab pontés

941

Dous días en contacto co mundo software e hardware libre, do modelado e impresión 3d, electrónica e robótica, arte e deseño, foi o que durante máis de 20 horas puidemos asombrarnos con inventos incribles dentro da nova edición do Amigus Labs.

A impresora 3d non parou de extruir plastico, dende deseños propios a recursos en librería pública foron os obxetos que os rapaces fixeron realidade.

Por outra banda o barco solar implementóuselle un equipo basado en Rapsberry zero e Ardupilot, para a navegación autonoma poideron desfrutar a darde do xoves no lago, tanto os argalleiros como os bañistas do lago que se achegarón a ver o barco, estiveron atentos as explicacións sobre o deseño e funcionamento da embarcación.

O venres foi o turno para a creación dos Garabullos, robots basados no Escornabot. Analizamos os materiais e componentes cos que iamos traballar, así como as distintas fases do deseño, prototipado e construcción, así como a programación do Arduino Nano. E o final da xornada a gran satisfacción polo traballo ben feito, o Garabullo funcionaba perfectamente!.

Dende Amigus queremos agradecer o Grupo de Empresa por ceder unha vez máis o local para organizar a Amigus Labs, así como a nova xerencia do Lar e a todas as persoas que participaron nestas xornadas, así como a todas as entidades colaboradoras e á súa implicación día a día no proxecto: Concello das Pontes, COHEMPO, ENDESA, EuroEume, Nauta, No Ping, Nodo Dixital, Triade, Severiano Agrocomercial, Escourido Asociados, Clip Carbono, Ferretería Marcos, Lujo, Matojoma, You can school of English, Fitter, Pontesa Marmoles y granitos, Desguaces Vilabella, Óptica Carmela, Galiorient, Servicio Móvil, Areco, Panadería San José, Fotografía Fabian, Don Dino, CONPLC, IcoEume, Preludio Musical, Arprosa e Radio Eter.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios