Éxitos dos piragüistas ponteses nas competicións da fin de semana

Este domingo os padexeiros do Grupo Xuvenil-Matojoma tiveron dúas importantes citas de competición.

596

As categorías de promoción participaron na Regata da Deputación Provincial da Coruña de Miño na que acadaron os seguintes resultados:

Celia Durán 2.ª infantil A-k1.
Inés Dominguez e Ada Fernández, 1.ª e 3.ª infantil B k1
Leticia Niebla, 2.º alevín-B.
Antía García, Carmen Alén e Nerea Tojeiro, 2.ª, 7.ª e 9.ª benxamín
Antón García, Pablo Vispalia, Lucas Valle e David García, 11.º, 13.º, 22.º e 26.º infantil A k1.

Por outra banda, os máis maiores do club desprazáronse a Verducido onde se celebrou o Campionato Galego de Pista para Veteranos, onde participaron en k1, k2 e k4 nas distancias de 1000m e 200m de onde regresaron co 4.º posto na xeral por equipos con podiums para Antonio Polo e José Antonio Menéndez (1.º e 3º k1 40-44 anos 1000m), Josiño García (2.º k1 45-49 anos 1000m), Rubén Basanta e Carlos Pedreira (2.º e 3º en k1 1000 35-39 anos), Antonio Polo e Carlos Pedreira (2.º k2 1000m veterano-A).

Ademais dos podiums tamén estiveron nas finais Ernesto Gancedo (5.º k1 1000 40-44), os k2 formados por Rubén Basanta e José Antonio Menéndez e Josiño García e Ernesto Gancedo (5.º e 9.º respectivamente nos 1000m), os dous k4 que participaron nos 1000m (Carlos Pedreira-Serafín Fontao-Antonio Polo-José Ferreira, 4.º e Rubén Basanta-Josiño García-Ernesto Gancedo-José Antonio Menéndez, 6.º) e na distancia de 200m Rubén Basanta e José Antonio Menéndez remataron 5.º e Antonio Polo e Carlos Pedreira 6.º.

Fotos: Susana Bellas, Alfredo Bea, e clubs da provincia da Coruña.
Nova cortesía de Grupo Xuvenil Piragüismo As Pontes.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios