PRESENTACIÓN DE O ESTEO FS

Primeiro adestramento este luns á tarde no Pavillón de A Fraga

1.089

O equipo pontés de fútbol sala do Esteo presentouse este luns á tarde de cara á que será a súa sexta campaña consecutiva no grupo primeiro da Segunda División B.

Para esta campaña 2018-19, de momento, continúan baixo os paus, os porteiros Javichu, Jesús e o xuvenil Sergio Cal, mentres que de xogadores de pista seguen Héctor, Rober Paz, Ayala, Dani e Andy.

Son novos, ademáis do adestrador Óscar Vigo, Alex Durán (Puertollano), Cokito (Cidade de Narón), Bruno (Lugo Sala), e Troncho (As Pontes).

Esta campaña o grupo primeiro amplíase á 16 equipos, dos que a metade serán galegos. Ademais do Esteo estarán o histórico Prone de Lugo, Leis de Pontevedra, Sala Ourense, Cidade de Narón, Pizarras Los Tres Cuñados, Xove e Ventorrillo.

De Castela e León estarán o campión do ano pasado, Zamora, Universidade de Valladolid, Benavente, Guardo, Albense e Puertas Deyma, mentres que haberá dous asturianos, o Boal e o Santiago de Sama.

O Esteo comeza a liga o día 15 visitando ó Puertas Deyma, conxunto de León, novo na categoría, para recibir o 22 ó Xove.

Nova cortesía de Xose Ferreiro

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios