Antonio Polo gaña o Campionato de España de Maratón e Resultados na regata provincial de Ames

Outra fin de semana de intensa competición para os piragüistas do Grupo Xuvenil-Matojoma de As Pontes.

2.411

Os máis novos desprazaronse á praia fluvial de Tapia, en Ames, de onde voltaron unha vez máis cargados de medallas e boas experiencias. Inés Dominguez e Ada Fernández ocuparon os 2 primeros postos da categoria Infantil B k1 (Inés, ademáis proclamouse campiona da Liga na categoría), Leticia Niebla foi segunda en Alevín B, Celia Durán, en infatil A k1 quedouse ás portas do podium, rematando cuarta.

No mesmo posto, pero en Benxamín remataría Antía García, seguida de Carmen Alén, quinta, e Nerea Tojeiro, sétima.

Os nenos tampoco o fixeron nada mal; en Alevín A Iker Ramil rematou 12.º e en Infantil A Pablo Vispalia foi 7.º, Lucas Valle 17.º e Antón García 21.º despois dun volco na saída que lle impediu un mellor resultado.

En Aranjuez desputaronse os campionatos de España de Maratón, nunhas xornadas de calor abafante os ponteses desprazaron só dous padexeiros pero cuns resultados encomiables. Antonio Polo dominou unha vez máis o k1 veterano na categoría 40-44 anos onde se impuxo con claridade, e Ernesto Gancedo rematou na 4.ª posición o venres na mesma categoría de idade. O sábado os dous participaron en k2 donde remataron segundos.

E por si todo esto fose pouco José Ferreira participou no descenso do Tambre, donde foi segundo en home veterano k1, e Carlos Pedreira no Campionato Galego de Kaiak de Mar donde foi 4.º en home veterano A, na modalidade de sprinter.

Fotos cortesía de Escuela de piragüismo de Aranjuez e Susana Bellas
Nova cortesía do Grupo Xuvenil Piragüismo As Pontes

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios