AMIGABLE. CULTURAL MANIÑOS SD 1 – CD AS PONTES 2.

Triunfo do As Pontes, con moitos xuvenís, no último encontro da pretemporada.

921

Vitoria de mérito do As Pontes na tarde noite de onte no Campo do Pote, si temos en conta que, dos quince xogadores empregados, xogaron sete futbolistas do equipo xuvenil, Carlos, Breijo, Estevo, Chema, David, Vilela, Óscar, ademáis de Josiño e Peque, que o foron ata fai un par de meses. Tamén estivo convocado o porteiro Nesi.

Sen embargo, non comezaban ben as cousas para os azuis, tras un inocente penalti, que transformaban os locais (10´). Tras unha gran xogada de Ramos, caelle o balón a Josiño, pero o seu forte disparo deteno o porteiro (20´). Máis clara foi a seguinte, xa que se desmarca Josiño, encara ó porteiro, pero o seu disparo cruzado marcha a rentes do pau (23´).

A ocasión máis clara do primeiro tempo chegou tras unha internada de Peque por banda, que centra, e no disparo de Carlos, o balón vai ó longueiro (44´). Ao pouco do reinicio, tras un centro de Josiño dende banda dereita, control e remate cruzado perfecto de Sergio Trillo que acaba no fondo das mallas (50´).

Se ben puideron voltar a adiantarse os locais nunha xogada na que o atacante queda só, pero quere picar o balón estando atento Pelayo (52´). Tamén tivo doble ocasión o equipo azul, hoxe dirixido polo segundo adestrador, nunha boa internada de David Otero, no que Carlos acaba rematando por alto (58´), e a continuación doble disparo de Guille e Sergio atallados polo gardamallas (59´).

Noutra aproximación dos feneses e tras un pase cara atrás, o remate do xogador branquiazul marcha alto por pouco (68´). Ata que chegou o segundo gol pontés nunha boa combinación entre Óscar e Carlos López, na que o xogador aresán remata a pracer (73´).

Estivo a piques de chegar o terceiro, e nesta ocasión era Carlos quen lle servía un bo balón a Óscar, pero botouselle o porteiro enriba (75´). Cunha internada por banda esquerda de David que non atopa rematador (88´) acabou o encontro, o sétimo de preparación dos azuis, que o domingo debutan na Liga ante o Estudiantil.

Resólvese con catro vitorias, Betanzos (0-3), Mugardos (2-3), Narón (1-2), Maniños (1-2), dous empates, O Val (1-1), Laracha (0-0), e unha derrota ante o Somozas (3-0). Xogaron Pelayo, Carlos (David 45´), Peque, Breijo, Martín, Estevo (Chema 45´), Ramos, Guille (Vilela 65´), Sergio, Carlos, Josiño (Óscar 65´).

No equipo de Fene atopamos ao mítico centrocampista Grueiro, que xogara no As Pontes de Rexional Preferente entre as temporadas 2002-2006.

Nova cortesía de Xose Ferreiro

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios