XI XUNTANZA VECIÑOS DA PARROQUIA DA VILABELLA

O pasado sábado día 25 de Agosto celebrase na Vilabella a XI Xuntanza dos vecinos da Vilabella.

1.790

A partir da 1: 30 da tarde celebrase a misa en honor o patrón desta parroquia San Andres unha vez rematada a misa procederse a procesión rodeando o cristo que esta o lado da igrexa, par logo volver a igrexa. Unha vez rematada a procesión o duo pontes Suso amenizo a sesión vermouth ata as 2:30 e pola noite amenizou o duo Caramelo para poder desfrutar do menú que este ano elanorouno o bar da Pena da Revolea , e Roberto Garcia en empanada, xamon cocido, polbo, churrasco de tenreira e de porco, postre café a un precio de 30 euros. asistiros coma invitados a esta xuntanza o alcalde de Xermade Roberto Garcia Pernas .

Casi 180 personas asistieron a esta xuntanza poideron disfrutar de baile ,comida e os menos bola tarde de hinchables para os menos.Foi un reencontro de veciños, de amigos da infancia, de coñecidos, todos cuns anos máis, escenas de apertas e bicos fóronse sucedendo segundo ían chegando ó lugar, que non podía ser outro que o que escribiu a historia desta antiga parroquia pontesa, onde sempre se celebrou a festa patronal na honra a San Andrés, a Vilavella, ó lado da súa antiga igrexa, á beira do río Eume e da xigantesca mole da cheminea da central térmicaA parroquia da Vilavella é de forma irregular, cun territorio estreito e alongado que vai dende a propia igrexa ata a aldea de Rámez situada ó norte. Linda por este punto co concello das Somozas, ó sur coa parroquia de Ribadeume, ó leste coa das Pontes e ó oeste coas de Espiñaredo e Goente. Ten uns 31 quilómetros cadrados nos que viven 197 habitantes, repartidos nos lugares de Alimpadoiros (7 hab.), O Bidueiro (6), A Carballeira (6), O Castelo (3), Cheiván (3), A Esfarrapa (9), Maciñeira (17), Penapurreira (3), Rámez (3), O Reboredo (9), Saa (99) e Vila (32).

A mina, hoxe convertida en lago e con praia, e a entulleira ocupan gran parte do seu territorio, sendo o norte montañoso, destacando a Pena da Fonte Roiva (582 metros) e o Monte da Cartilida (523 metros). En canto ós ríos, os principais son o Eume, Ponte da Pedra e o de Maciñeira e os regos de Cheibán e da Esfarrapa, que hoxe verten as súas augas ó lago, que ocupa unha superficie de 8 quilómetros cadrados, un perímetro de case 18 e unha profundidade máxima dun pouco máis de 200 metros.

A parroquia da Vilavella foi unha das que máis sufriu a desaparición do seu territorio e das súas aldeas, debido á explotación da mina, como Acivido, Almigonde, A Barosa, Carracedo, A Cartilida, O Casal da Boa, A Casa Longa, O Castro da Uz, Ferreira, O Meidelo, Os Mouros, O Outeiro, A Palloza, A Parrocha, A Picheira, A Ponte da Pedra, O Portorroibo, O Ribeirón, O Vilar e a maior parte da Vilavella-Igrexa, lugar que hoxe está deshabitado e do que só se conserva a igrexa, o cemiterio e varias casas restauradas .

Nova cortesía de Raimundo Carballo

También podría gustarte
Comentarios