O EQUIPO ESPAÑOL, CUARTO EN POLONIA

Nos Europeos de Tiro con Arco

419

O deportista pontés Miguel Alvariño García desprazouse esta semana coa selección española á localidade polaca de Legnica, onde se disputan os Europeos de Tiro con Arco.

Nas tiradas previas, Miguel foi sétimo con 672 puntos, un máis que Pablo Acha, oitavo, sendo Antonio Fernández “Yiyo” 22º con 657.

Este mércores disputouse a competición por equipos. Alvariño, Acha e Yiyo calificaban coa terceira mellor marca dos 29 países participantes, só por detrás de Francia e Holanda, con 2000 puntos, o que significaba un novo récord de España.

Sen embargo a competición deixaba un sabor agridoce. Exentos da primeira rolda, en oitavos de final enfrontábanse con Portugal, que venceu na repesca a Chequia. España impoñíase ós lusos por un sufrido 5-4, e con un contundente 6-0 a Alemaña nos cuartos de final.

Sen embargo, o combinando español caeu nas semifinais 4-5 ante o equipo ruso, e tamén nas frechas de desempate na loita polo bronce ante o sorprendente equipo de Luxemburgo, polo que quedaron coa mel nos beizos, como lles acontecera hai dous anos.

Disputarán o ouro italianos e rusos. Para mañá quedan as eliminatorias individuais, e a competición por equipos mixtos.

Nova cortesía de Xose Ferreiro

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios