PREFERENTE NORTE. CD AS PONTES-VIVEIRO CF

O As Pontes recibe o domingo ó equipo lucense

445

O As Pontes recibe este domingo, 18:30, ao Viveiro, en encontro arbitrado por Eduardo Rodríguez Penas (A Coruña).

O equipo pontés lidera a clasificación tralo 0-5 na Estrada, e a pesar de que o conxunto lucense perdeu 1-2 na primeira xornada ante o Arzúa, non será un rival nada doado, de feito, ten moito mellor plantel que o ano pasado, no que se salvou in extremis.

Mantén o bloque e fichou a varios xogadores con gran traxectoria, como o ex gardamallas pontés Kiko, Edu (Somozas), Tichu e Iván (Ribadeo) ou Marino (Castro), o que o fai ser un candidato ós postos altos.

Nos duelos no Poboado, 4-0 o ano pasado, despois de moito tempo sen enfrontarse, e doce vitorias locais por catro empates e catro triunfos visitantes.

Antes do comezo do encontro faraselle unha homenaxe a Malena Mieres, brillante Campiona de Europa coa Selección Española Sub19.

Nova cortesía de Xose Ferreiro

También podría gustarte
Comentarios