II CAMPUS DE RUGBI VILA DE AS PONTES 2018

Celebrouse ao longo da semana a segunda edición

759

Ao longo desta semana celebrouse en As Pontes a segunda edición do Campus de Rugbi, no que participaron preto dunha trintena de rapaces. Nestes días os cativos non só se centraron no rugbi, senon que tamén practicaron atletismo e baloncesto, e estiveron de acampada.

Pero o rugbi non remata aquí senon que durante a fin de semana adestrará en As Pontes a Selección Galega sub14 e tamén o sábado e o domingo haberá dous cursos para monitores de rugbi que reunirán a máis de 80 persoas.

Neste último día de Campus entregaronse os diplomas a todos os participantes, contando co gran luxo da presencia dos internacionais españois, Elsa Porto, e Fran Usero, xa retirado.

Tamén estiveron  o Concelleiro de Deportes, Chicho Tembrás, e os presidentes, da Federación Galega, Nacho Cociña, e do Fendetestas, Toño Ferreiro.

Nova cortesía de Xose Ferreiro

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios