II CAMPUS DE VERÁN CB AS PONTES 2018

Levouse a cabo durante esta semana a segunda edición do evento, que reuniu a preto de 60 rapaces e rapazas

756

Ao longo desta semana celebrouse a segunda edición do Campus de verán do CB As Pontes, no que participaron preto de 60 cativos.

Ademáis do baloncesto e diversas competicións, os rapaces practicaron Atletismo, Jiu Jitsu, Ioga, e visitaron Muras, entre outras moitas cousas.

Este venres, no último día do evento, recibiron a visita das xogadoras do Universitario de Ferrol, equipo semifinalista da Liga Española das dúas últimas edicións, coas que tiveron o luxo de charlar e xogar uns minutos.

Xa pola tarde cada un dos participantes recibiu o seu diploma, ademais de outros agasallos. Estiveron presentes, o presidente do clube, Juan Eladio Pico, e o Concelleiro de Deportes, Chicho Tembrás.

Nova cortesía de Xose Ferreiro

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios