PREFERENTE NORTE. CSD ARZÚA-CD AS PONTES (1-2)

Terceira vitoria consecutiva do As Pontes

1.194

O As Pontes logrou este sábado no Viso a súa terceira vitoria consecutiva de Liga, tras derrotar ó Arzúa por 1-2, nun encontro no que Dani poñía por diante ós azuis ó pouco do inicio, pero mediado o primeiro tempo o ex xogador do Arenteiro Íker Hurtado igualaba de penalti.

No segundo tempo un tanto de Rubén Pardo daba os tres puntos ós azuis nun encontro no que xogaron Paco, Criado (Ramos 68´), Alex, Rego, Sánchez, Dani, Adrián, Bossa, Carlos, Fidi (Martín 77´), Pardo (Sergio 71´).

O equipo azul ten agora dous compromisos consecutivos na casa ante Atlético Arteixo e San Tirso para tentar seguir sumando puntos.

Pola súa banda o xuvenil pontés debutou na Liga cun empate na Coruña ante o Montañeros 2-2. Nun encontro no que nos primeiros momentos Jandro adiantaba ós azuis pero Iván empataba pronto polos locais, semellaban poñerse as cousas de cara cando era expulsado o porteiro locatario.

Pero no segundo tempo Marcos adiantaba ó conxunto coruñés, e co tempo cumprido Chema igualaba o marcador e rescataba un valioso punto para o equipo de Mieres que xogou con Brais Mariño, Carlos, David, Pablo, Breijo, Estevo, Óscar, Chema, Dani, Vilela, Jandro, entrando despois Brais Dovale, Cristian, Matías e Fraga.

Nova cortesía de Xose Ferreiro

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios