Amigus Labs • Maker 18.5

O vindeiro 29 de setembro, no Lar de ENDESA de As Pontes, terá lugar unha nova xornada de traballo de Amigus Labs, un espazo dedicado o arte e creación dixital.

529

Na xornada do Amigus Labs • Maker 18.5 a dedicaremos a traballar en novos prototipos, dende robots velocistas, pantallas interactivas e a construcción de unha gran cúpula geodésica integramente impresa en 3d, para todo iso usaremos ferramentas de software e hardware libre.

Outro proxecto no que estamos empezando a traballar e o deseño e a fabricación dunha impresora 3d de gran formato, e nesta xornada adicaremos unha parte do tempo o deseño e montaxe do material que vaiamos tendo dispoñible e que será un dos proxectos que presentaremos na OSHWDem no Museo Domus de A Coruña o vindeiro 10 de novembro, ademáis do barco solar, as máquinas retro…

Para os máis novos volveremos a habilitar a zona Amigus Labs Kids, esta vez cun taller de construción de prototipos con Arduino. Arduino é unha plataforma de desenvolvemento de computación física, de código aberto, baseada nunha pequena placa cun microcontrolador e un software para programala. Veremos un pouco de electrónica e programación e como aplicalo a varios exemplos que realizaremos.

A idade mínima para participar tanto no obradoiro como na Amigus Labs é de 8 anos en adiante, a inscrición é gratuita.

Para asistir á Amigus-Labs tamén podes vir e ensinar os teus proxectos ou vir equipado co teu ordenador, impresora 3d… e todo o necesario para poder conectalo a un só enchufe. Ten en conta que tes dereito a unha praza onde instalalo e a un enchufe de rede eléctrica e outro de rede de datos. O resto deberás traelo ti. Para que non te esquezas de nada imos poñer unha pequena lista de cousas imprescindibles:

– Portátil o CPU, monitor, rato, teclado e cables (moita xente esquece o rato, ¡ollo! e é necesario para o uso do oordenador).
– Tarxeta de rede Ethernet con conexión RJ45 ou conexión WiFi – Regreta de enchufes.
– Cascos para a música. OS ALTOFALANTES ESTÁN TERMINANTEMENTE PROHIBIDOS.
– D.N.I.

Aparte disto, é recomendable traer:

– Cargador de telemóbil (se tes telemóbil).

Non está de máis que faigas unha copia de seguridade dos datos importantes antes de acudir a Amigus-Labs arte e creación dixital, e que instales un antivirus.

Tódalas actividades realizaranse de 11:00 a 20:00, facendo unha parada para comer de 14:00 a 16:00. Comeremos no Lar, cun prezo de 15€/persoa (opcional).

A inscripción é gratuita, e o prazo remata o 27 de setembro. Podes apuntarte enviando un email a amigus@amiguslabs.org (prazas limitadas). Os menores deben traer a autorización dos pais/tutor para asistir a Amigus Labs (PDF).

Tamén podes vir visitarnos ou simplemente a resolver as túas dúbidas sobre impresión 3d, prototipado ou todo o relacionado co mundo maker e o funcionamento de Amigus Labs.

Organizan:
Asociación Informática Amigus • Amigus Labs • Merca Nas Pontes

Colaboran:
Concello das Pontes • COHEMPO • ENDESA • EuroEume • Nauta • No Ping • Nodo Dixital • Triade • Severiano Agrocomercial • Escourido Asociados • Clip Carbono • Ferretería Marcos • Lujo • Matojoma • You can school of English • Fitter • Pontesa Marmoles y granitos • Desguaces Vilabella • Óptica Carmela • Servicio Móvil • Areco • Panadería San José • Fotografía Fabian • Don Dino • CONPLC • IcoEume • Preludio Musical • Arprosa • Radio Eter • Grupo de Empresa Endesa

También podría gustarte
Comentarios