Nota de prensa XPAP: Posición de Xunt@s por As Pontes en relación á NON dimisión do Concelleiro de Infraestructuras

No Pleno Ordinario de Setembro celebrado no día de onte, entre outros asuntos, presentouse unha moción do BNG con petición da dimisión ou cese do Cuarto Tenente de Alcalde e Concelleiro Delegado da Área de Infraestructuras.

313

A posición de Xunt@s por As Pontes é clara e sinxela: cometeu unha infracción urbanística, tramitouse un expediente que concluíu coa imposición dunha sanción GRAVE, o Concelleiro debe dimitir. Por responsabilidade e por ética.

Dende esta plataforma consideramos moi grave que un concelleiro, especialmente o de infraestructuras, realice obras na súa vivenda sen as licencias oportunas. Unha persoa que desempeña tal cargo debería, como mínimo, aterse á legalidade urbanística vixente e dar exemplo.

De especial gravidade tamén, que as obras se realizasen nunha vivenda do Poboado das Veigas, un poboado construído por Endesa e para o que o propio equipo de goberno promove a súa preservación segundo a construcción orixinaria, conservando así o seu valor como patrimonio industrial. As obras non ían encamiñadas a mantemento da vivenda, senon a ampliala contravindo a estructura orixinaria do Poboado.

Por último, o que nos parece un verdadeiro escándalo é o apoio de todo o equipo de goberno á actuación do Concelleiro, amparado tamén pola figura do Alcalde e Presidente da Deputación. Asistimos a dimisións de ministras do PSOE pola realización dun máster, mais nas Pontes, o mesmo PSOE ampara a figura dun concelleiro que realizou obras infrinxindo a legalidade urbanística vixente.

As Pontes, 13 de setembro de 2018

Máis información en www.xuntosporaspontes.com

También podría gustarte
Comentarios