SEGUNDA DIVISIÓN B. PUERTAS DEYMA-O ESTEO FS

O Esteo debuta na Liga este sábado en León

308

O equipo pontés de fútbol sala do Esteo xoga este sábado no seu inicio na competición ligueira 2018-19, tras clasificar a semana pasada para os oitavos de final da Copa de Galicia, nas que se enfrontará ó Cidade de Narón.

O conxunto pontés debuta nesta campaña visitando ó Puertas Deyma de León, que ascendeu neste 2018, e o único dos 16 equipos co que os de As Pontes non se enfrontaron en ningunha ocasión nesta categoría na que cumpren a súa sexta tempada.

SEGUNDA DIVISIÓN B (1ª xornada)
PUERTAS DEYMA-O ESTEO FS
Sábado 15 – Setembro – 2018 (17:00)
Pavillón Camino de Santiago

Nova cortesía de Xose Ferreiro

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios