Nota de prensa BNG: Mellorar a accesibilidade nas Pontes: ascensores

Voceiro do BNG das Pontes de Setembro 2018

741

No noso pobo hai moitos edificios nos que é imposible instalar ascensores dentro, mais, na actualidade, a lexislación permite, nesas circunstancias e dun xeito planificado, a ocupación de espazo público para facilitar a accesibilidade.

Dende o BNG fixemos seguimento de exemplos concretos para solucionar tal situación, como se pode comprobar nas fotos, que se corresponden cun proxecto iniciado no 2011.

Cremos que para os Poboados da Fraga, do Barreiro, da Magdalena, para a Cooperativa de Celso Emilio, …, pode ser unha solución axeitada e factible, que permitiría, ademais de dotalos de ascensor, revalorizar a propiedade.

Mais estas actuacións teñen que seguir unha planificación concreta e un modelo determinado, controlado polo Concello, para que non pase como no Poboado das Veigas, onde até podemos ver casas ampliadas fóra de toda norma; semella que o exemplo do Concelleiro de Obras non axudou.

Para a súa realización pódense solicitar axudas públicas, o cal facilita á veciñanza o custe das obras. Pero para acometer unha actuación deste tipo, o goberno municipal do PSOE tería que abandonar o seu permanente soño festivo e poñerse a traballar en algo máis que facer festas e dar subvencións para conseguir votos.

No caso de precisar máis información sobre estas actuacións e a súas posibilidades, o grupo municipal do BNG está, como sempre, á vosa disposición.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios