SEGUNDA DIVISIÓN “B” DE FÚTBOL SALA: PUERTAS DEYMA -O ESTEO FS (4-5)

O equipo pontés debuta con unha vitoria tras unha gran remontada nos derradeiros minutos

562

O Esteo pontés de fútbol sala desprazabase este sábado a terras leonesas para enfrontarse ó Puertas Deyma, equipo co que se enfrontaba por primeira vez na Segunda B.

Sen embargo, o equipo de Castela León, a pesar de ser recén ascendido, amosou ser un oso duro de roer, que foi por diante case todo o encontro.

De feito no primeiro tempo adiantáronse, e pese a que Bruno empataba, anotaron o 2-1 co que se chegou ó descanso.

Outro tanto acontecía no segundo período no que os locais voltaban a marcar, e pese a que Ayala recurtaba distancias, o terceiro gol de Germán situaba un compricado 4-2 faltando apenas oito minutos.

Foi nun brillante arreón dos ponteses con porteiro-xogador, que, sumado ao cansancio e apenas dúas rotacións das que dispuxo o Puertas Deyma, que O Esteo anotou tres goles nos últimos cinco minutos por medio de Ayala, Rober e Cokito, para debutar cun triunfo.

Desde que os ponteses debutaran na categoría, na 2013-14, non iniciaban a Liga cun triunfo, daquela fora 4-1 ó Guardo. Nas catro campañas seguintes, un empate e tres derrotas.

Na vindeira xornada recibirán ó Xove, que nesta primeira debutou cun 4-2 ante o Atlético Benavente, e lidera a táboa.

PUERTAS DEYMA: Álvaro, Diego, Germán, Corral, Ángel– cinco inicial – Fuky, Miguel.

O ESTEO FS: Javichu, Cokito, Héctor, Rober Paz, Jacobo– cinco inicial – Alex Durán, Ayala, Dani, Troncho, Bruno.

ÁRBITROS: Prieto González, Molina Muñoz, Díez Peralta (Salamanca). Amarelas a Germán, Corral, Cokito, Héctor, Durán, Jacobo.

GOLES: 1-0, Corral (6´), 1-1, Bruno (7´), 2-1, Germán (10´). 3-1, Germán (23´), 3-2, Ayala (25´), 4-2, Germán (32´), 4-3 Ayala (35´), 4-4, Rober Paz (38´), 4-5, Cokito (39´).

INCIDENCIAS: Pavillón Camino de Santiago, de Trobajo del Camino. Uns 100 espectadores.

Nova cortesía Moisés Fernández e Xose Ferreiro

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios