PREFERENTE NORTE. CD AS PONTES 6 – SAN TIRSO SD DE ABEGONDO 0

Goleada do As Pontes que deixou o encontro encarrilado no primeiro tempo e continúa liderando a táboa unha semana máis xunto á Sarriana.

914

Rotundo triunfo do As Pontes na tarde de hoxe no Poboado, 6-0 ante o San Tirso de Abegondo, o que fai que continue liderando a táboa unha semana máis xunto á Sarriana. Xa se marchaba ao descanso cun tanteador de 5-0.

O equipo de Abegondo chegaba con dous vellos coñecidos, como o media punta de Cabanas, Álvaro Rey, que o ano pasado anotou 13 goles, e David Prieto, que se ben hai dúas tempadas soía actuar de central e medio centro, incluso de lateral dereito, co equipo azul, hoxe fíxoo como extremo esquerdo.

O equipo de Marco Roca comezou dominando, mentres os verdes agardaban atrás ben armados. Ata que no minuto 16 se internaba por banda dereita Ramos, tras recibir un pase de Bossa, centra, e remata de cabeza Pardo na área pequena anotando o 1-0.

O último tramo da primeira metade foi un auténtico vendaval do conxunto local. Pardo pelexa un balón en banda esquerda, centra, e remata a pracer Carlos López chegando dende atrás (30´). E pouco despois era o outra vez Pardo que se internaba, desta vez pola dereita, e o seu envío rematabao desta vez Quique que se anticipou ao defensa que o marcaba, e o balón terminou entrando con algo de suspense (32´).

Buscou poñer fin ao partido o cadro local, e desta vez era Fidi o que se internaba pola frontal da área, cedíalle o balón a Pardo, que fusilaba a pracer ao fondo das mallas (36´). Antes do descanso, tras unha xogada na que Días desvía o balón coas mans dentro da área, anotaba o quinto de penalti o Mago de Viveiro despistando a Lameiro (43´).

Nun segundo tempo con todo sentenciado, ambos equipos buscaron dar descanso a uns, e minutos a outros. Destacar o gol de Sergio Trillo, que pica moi ben ante a saída do porteiro un balón servido dende o propio campo pontés por Alex Cabarcos (72´). O mesmo xogador de Cee cabeceou pouco despois dentro da área, e o balón repeliuno o longueiro co porteiro xa batido (76´).

As Pontes e Sarriana lideran con 15 puntos, seguidos con 13 polo candidato Noia. Próxima xornada visita ó Ordes, duodécimo con 6 puntos, pero histórico do fútbol galego.

Sétimo triunfo local no Poboado por unha vitoria do San Tirso. Nembargantes, esta non é o maior resultado, dado que o As Pontes chegara a vencer 7-0 ó conxunto de Abegondo na 1983-84, hai case 35 anos.

6 CD As Pontes. Paco (Pelayo 53´), Ramos, Alex (Criado 74´), Rego, Martín, Adrián, Carlos (Sánchez 71´), Bossa, Quique (Erni 53´), Fidi, Pardo (Sergio 64´).

0 San Tirso SD. Lameiro, Alfonso, Dias, Madero (Juan 55´), Freire, Roo, Álvaro Rey, Varela (Fran 67´), Dani Xelo (David 67´), Xian, David Prieto (Adrián 45´).

Goles: 1-0, Pardo (16´), 2-0, Carlos (30´), 3-0, Quique (32´), 4-0, Pardo (36´), 5-0, Bossa, de penalti (43´). 6-0, Sergio 72´).

Árbitro: Javier Gay Casal (Santiago). Auxiliado por Val Castro e Pérez Mindeguía. Amoestou a Bossa e Dias.

Campo e incidencias: Campo de O Poboado. Uns 150 espectadores en tarde con ceo encapotado.

Nova cortesía de Xose Ferreiro

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios