RESULTADOS CD AS PONTES 22 SETEMBRO

Vitoria do Xuvenil A en Santiago

479

FEMININO
CD AS PONTES-CULTURAL MANIÑOS SD (0-1)

Derrota do feminino na tarde soleada do sábado ante o todopoderoso Cultural Maniños, dominador do fútbol comarcal nos últimos anos, e que sen embargo, perdera no debut ligueiro 0-2 ante o Amistade de Meirás a semana pasada.

Neste encontro triunfo pírrico das visitantes, dado que o único gol chegou nunha desafortunada xogada local, na que Paula acabou picando o balón ante a saída da porteira, Paula Baamonde, habitual dianteira, mediado o segundo tempo.

O feminino de Rivas, que descansou na primeira xornada, aínda sen puntuar, visita ó Perlío na terceira, compricado equipo que leva catro puntos, tras gañar ó Cariño e empatar co Amistade.

Xogaron Paula Baamonde, Yoli, Andrea, Noelia, Xeila, Carlota, Yara, Sara, Nerea, Carolina, Paula Castro e Alba.

XUVENIL A
CD CONXO B -CD AS PONTES A (0-1)

Gran vitoria do Xuvenil A en Santiago ante o Conxo B, nun encontro resolto cun tanto de Óscar Calvo mediado o segundo tempo.

Escala postos o equipo de Mieres, que é décimo con 4 puntos, antes de recibir Ó Val, sexto con 6, nun duelo de rivalidade comarcal.

Xogaron Brais, Matías, David, Pablo, Breijo, Estevo, Óscar, Chema, Cristian, Vilela, Jandro, entrando no segundo período Dani, Carlos, Fraga e Álvaro.

XUVENIL B
CD AS PONTES B-SDC GALICIA DE MUGARDOS (1-2)

Derrota do Xuvenil B no seu debut en casa, 1-2 ante o Galicia de Mugardos, nun encontro no que se adiantaron cun tanto de Mateo preto do descanso, pero dous goles visitantes, o segundo co tempo cumprido, privaron ó conxunto de Paco López de lograr o primeiro punto.

Próxima visita ó Narón A. Xogaron Juan, Santi, Alex Barro, Pani, Antonio, Antón, Miguel, Edgar, Mateo, Elías, Vicente, entrando despois Xan, Derick, Xavi e Xoel.

CADETE
SD O VAL-CD AS PONTES (6-3)

Derrota do Cadete 6-3 no debut ligueiro no Campo de Sinde, pese ao hat trick de Joan, e de ir gañando 1-3. Na vindeira xornada reciben ó Rápido de Neda, que nesta primeira empatou 2-2 co Cedeira.

Xogaron Mario Regueiro, Eloy, Xose, Riobo, Samuel, Mario Fraga, Joan, Jandro, Xoel, Hugo, Adrián Piñón, entrando despois Edgar, Adrián Bellas, Dani, Sergio e Íker.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios