CURSO DE MONITOR DE FUTBOL SALA

Solicitude dun curso de Monitor de Fútbol Sala en As Pontes

424

A instancia de LAGO DVSPORT, realizouse a consulta á RFGF, acerca da posibilidade de convocar un CURSO DE MONITOR FÚTBOL SALA en As Pontes.

A RFGF, a través do seu órgano pedagóxico – Escola Galega de Adestradores – accedeu á devandita posibilidade, a condición de que se complete o quorum de alumnos necesario para iso.

A pre-inscrición pode realizarse vía email en ferrol@futgal.es, ou ben, chamando ao 981.900.600, solicitando contactar coa Delegación de Ferrol.

Podemos adiantar, que o prezo do curso é de 150€ e constará de 65 horas de carga lectiva.

A Real Federación Galega Fútbol agradece a LAGO DVSPORT esta iniciativa de promoción á formación de adestradores.

Nova cortesía de Diego Vinicius

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios