Actos do Colectivo Feminista As Pontes para este venres, 28 de setembro

Dende o Colectivo Feminista de As Pontes convidamos a toda a veciñanza a participar nos actos que temos previstos para esta tarde de venres

542

– Ás 19:30, na Praza do Hospital: CONCENTRACIÓN

En reivindicación do aborto libre, seguro e gratuito para todas.

Esta concentraciòn secunda as demáis previstas para esta tarde en todo o país, organizadas pola Marcha Mundial das Mulleres e o movemento feminista.

– Ás 20:00h, na Biblioteca Municipal: PRESENTACIÓN DO LIBRO

A autora Natalia Paleo Mosquera achégase ata a nosa vila para presentar o seu libro “As políticas municipais de xénero en en España. O caso dos municipios galegos”, de edicións Laiovento.

Nova cortesía do Colectivo Feminista de As Pontes

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios