Nota de prensa do BNG: Subvención municipal ao fútbol

O voceiro de outubro da Asemblea Local do BNG.

965

 Dende que no ano 2011 o PSOE aportara máis de 260.000 euros ao C.D. As Pontes, o noso Concello dálle unha subvención de 200.000 euros cada ano, de xeito directo. Para ter referencia sobre a importancia da cantidade, pódese comparar coa subvención municipal que reciben os clubes que xogan na mesma categoría: 

 O Racing e o Compos, da terceira división, reciben uns 50.000 euros, e o Lugo, da segunda, 82.500 euros en subvencións municipais. 

O PSOE xustifica o importe, entre outras cousas, co apoio ao fútbol base; pois ben, coa mesma referencia, o Dubra S.D. ten 10 equipos base, o S.D. Órdenes 13, o San Tirso S.D. 19, …; dos 30.000 euros que aporta o Concello de Viveiro, 20.000 son só para fútbol base. 

Dúas últimas reflexións sobre das subvencións ao fútbol: cada ano supón uns 20 euros por habitante (80 euros nunha casa con 4 persoas, que virían moi ben para, entre outras cousas, axudar a pagar a contribución); dende 2011 o Concello ten aportado, cando menos, case que 1,5 millóns de euros ao C.D. As Pontes, cartos cos que As Pontes podería ter xa unha Residencia de Maiores, e o equipo de fútbol mantería unha subvención semellante aos da súa categoría. 

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios