NOVA EDICIÓN DO CURSIÑO DE INGLÉS DA IRMANDADE AS PONTES-LESNEVEN

A Irmandade As Pontes-Lesneven dá comezo ao cursiño de inglés que ofrece na Casa Dopeso dende hai xa máis de 10 anos.

433

As clases serán martes e xoves de 20:00 a 21:30 e, aínda que se adoitan dividir en grupos de iniciación e perfeccionamento, o nivel estará adaptado ao da maioría dos participantes. Como de costume, o obxectivo é crear un ambiente informal e aprender un inglés que nos axude a desenvolvernos en situacións cotiás (conversas telefónicas, redacción de correos electrónicos, viaxes, etc.).

Aquelas persoas interesadas deberán asistir á presentación o 4 de outubro ás 20:00 no soto da Casa Dopeso ou chamar ao 653407886.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios