SEGUNDA DIVISIÓN B. O ESTEO FS-CIDADE DE NARÓN

O Esteo xoga este venres á noite o derbi comarcal

268

O Esteo pontés de fútbol sala recibe este venres á noite ó Cidade de Narón no derbi comarcal. Curiosamente, ambos equipos voltarán a verse en poucas semanas con motivo do seu cruce de oitavos de final da Copa de Galicia.

Os de Óscar Vigo non chegan no seu mellor momento, tras caer goleados 6-2 en Ourense ante un equipo que aínda non puntuara e só levaba dous goles na Liga.

Nos duelos na Fraga, 0-6 en 2013, 0-4 en 2015, e 2-2 a tempada pasada. Os naroneses levan dous triunfos, ante Sala Ourense (1-2) e Albense (4-3), e unha derrota, 0-4 ante Benavente.

SEGUNDA DIVISIÓN B (4ª xornada)
O ESTEO FS-CIDADE DE NARÓN
Venres 5 – Outubro – 2018 (21:00)
Pavillón da Fraga

Nova cortesía de Xose Ferreiro

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios