RESULTADOS CD AS PONTES 5-6 OUTUBRO

Vitorias de Xuvenil B, Cadete, ambos Alevíns e Benxamíns.

706

FEMININO
CD AS PONTES-SCD A CAPELA (1-1)

Empate do feminino ante A Capela nun encontro no que María adiantaba ás visitantes preto do descanso, pero Yoli mediado o segundo tempo firmaba a igualada definitiva.

Novenas con dous puntos visitan ó Discalzas de Cedeira, sextas, que suman catro en catro empates. Xogaron Leti, Yoli, Andrea, Tania, Noelia, Xeila, Paula Baamonde, Carlota, Paula Castro, Yara, Alba, Nerea e Sara.

XUVENIL A
BETANZOS CF-CD AS PONTES (1-0)

Derrota do Xuvenil A na súa visita a Betanzos, nun encontro que se decidiu cun solitario tanto de Martín para os locais antes do descanso.

En zona perigosa, antepenúltimos con 4 puntos, reciben a visita doutro ascendido, o Atlético de Riveira, noveno con sete.

Xogaron Brais, Matías, David, Pablo, Breijo, Estevo, Óscar, Chema, Cristian, Vilela, Dani, entrando despois Carlos e Edgar.

XUVENIL B
CD AS PONTES B-SD RÁPIDO DE NEDA (3-1)

Primeira vitoria do xuvenil pontés 3-1 ante o Neda, cos tantos de Mateo na primeiro tempo e a sentencia de Vicente no segundo.

Oitavos cos seus tres primeiros puntos, descansan na vindeira xornada. Xogaron Juan, Nono, Alex Barro, Santi, Antonio, Vicente, Miguel, Elías, Mateo, Xoel, Derick, entrando despois Blanco, Antón, Xan, Brais e Jorge.

CADETE
CD AS PONTES-FC ORTIGUEIRA (7-1)

Vitoria do Cadete 7-1 ante o Ortigueira, encontro que xa quedaba encarrilado ó descanso con 7-0, tantos de Xoel (2), Luis (2), Samuel, Adrián Piñón e Joan.

Terceiros con seis puntos visitan ó Portuarios B, aínda sen puntuar. Xogaron Mario Regueiro, Adrián Bellas, Xose, Mario Fraga, Samuel, Jandro, Luis, Hugo, Joan, Xoel, Adrián Piñón, e despois Mateo, Edgar, Eloy, Riobo, e Sergio.

INFANTIL
SD RÁPIDO DE NEDA-CD AS PONTES (5-4)

Derrota do infantil en Neda 5-4, nun partido con moitas alternativas e que chegaron a ir gañando 1-3 ós azuis, con tres goles de Anxo Blanco e un tanto de penalti de Anxo Rey.

Quintos con 3 puntos reciben ó Numancia, cuarto tamén con tres. Xogaron Hugo, Sergio, Antón, David, Anxo Rey, Carlos, Israel, Iago, Anxo Blanco, Diego, Xandre, Pablo, Ángel, Bruno, Ali e Xose.

ALEVÍN
CEDEIRA SD B-CD AS PONTES A (0-12)
CD AS PONTES B-EF RACING DE FERROL B (5-0)

Vitoria do Alevín A 0-12 en Cedeira, tantos de Andrea Cruz (3), Nicolás Meizoso (3), Destaw Pellón (2), Sergio Vázquez (2), Iago Blanco e Miguel Dopico. Segundos con seis puntos reciben ó Meirás A, aínda sen puntuar. O Alevín B pola súa banda venceu 5-0 ó Racing de Ferrol, con tantos de Xoel Vigo (2), Adrián Díaz, Almahdi Belhaj, e Diego Ortigosa. Sextos con tres puntos, visitan ó Neda B, segundo.

BENXAMÍN
SCDR GALICIA DE CARANZA-CD AS PONTES A (2-4)
CD AS PONTES B-SDC GALICIA DE MUGARDOS B (7-1)

O Benxamín A venceu 2-4 en Caranza con tantos de Felipe Riveira, Lucas Blanco e Luis Fresco (2). Cuartos con seis puntos reciben ó líder Portuarios, cos mesmos puntos, pero mellor goal average. O Benxamín B pola súa banda gañou 7-1 ó Mugardos B, tantos de Mateo González (2), Mateo Rego (2), Xoel Galego (2), e Guillermo Folgar. Quintos con tres puntos visitan ó Neda B, sétimo con un.

PREBENXAMÍN
SDCR NARÓN O FREIXO-CD AS PONTES A (6-0)
CD AS PONTES B-CEDEIRA SD (1-9)

Derrota 6-0 do Prebenxamín A. Cuartos con tres puntos reciben ó Portuarios, quintos coa mesma puntuación. Derrota do Prebenxamín B 1-9 no debut, tanto da honra de Adrián Ameneiro. Próxima visita ó líder Meirás A.

Nova cortesía de Xose Ferreiro

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios