A Escola de O Esteo debutou na Liga de Ferrol base

Nova tempada de crecemento na Escola de Fútbol Sala de O Esteo

475

Nova tempada de crecemento na Escola de Fútbol Sala de O Esteo, o que implica facer cambios, algúns deles de gran calado, como son as competicións nas que participarán tódolos seus xogadores dende prebenxamíns a cadetes, porque por primeira vez na historia do club disputarán as competicións locais de base de Ferrol, organizadas pola RFGF.

Ata a pasada tempada os ponteses participaron na Liga da Terra Chá, organizada por Deporte Escolar, onde nestas últimas tempadas obtiveron uns grandes resultados, como tamen crecemento deportivo dos seus xogadores, “nunha competición á que estamos agradecidos por todas estas tempadas aos seus organizadores, onde a porta sempre estará aberta a futuras participacións“, comenta Javi Saa, director da Escola de O Esteo.

Nesta nova temporada o reto para a Escola de Fútbol Sala de O Esteo será grande, porque nas ligas locais de base de Ferrol terá que enfrontarse a Escolas de prestixio e renome como son as de O Parrulo Ferrol, Cidade de Narón, Narón Futsal, Narón Freixo ou FS Pontedeume, entre moitas outras, coas cales tan só xogaban en determinados torneos amistosos ata a tempada pasada. “Un cambio necesario para seguir crecendo e progresando“, segundo afirma Javi Saa.

Sen ir mais lonxe este pasado domingo tiña lugar o debut na competición co primeiro partido desta nova etapa, onde os prebenxamíns de O Esteo estrearonse cunha contundente vitoria a domicilio ante o Esteiro “B” por 1-14, partido xogado ás 17:40 horas no Pavillón do Ensanche (Ferrol).

A partir do seguinte domingo, 14 de Outubro, comezarán a competición tódolos equipos de O Esteo e farano todos como locais, cunha gran xornada de tarde que terá lugar no Pavillón Municipal de As Pontes.

RESULTADO DA 1ª XORNADA LIGA BASE DE FERROL
Pavillón do Ensanche (Ferrol)
CATEGORÍA PREBENXAMIN à ESTEIRO “B” – 1 – O ESTEO F.S. – 14

Nova cortesía de Moisés Fernández

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios