Nota de prensa XPAP: Palestra: os timos no recibo da luz

Será o xoves 11 ás 20:00h na aula polivalente da Casa Dopeso. Intervendrá Pancho Casal, deputado de En Marea no Parlamento de Galicia

503

Este xoves, día 11 de outubro, ás 20.00 horas na Aula Polivalente da Casa Dopeso, o Deputado de En Marea Pancho Casal presentará a Proposición de Lei para paliar a pobreza enerxética e acadar unha mellora significativa para os fogares máis vulnerables, que En Marea presentou no Parlamento de Galicia.
A Proposición de Lei preséntase coma a alternativa que inclúe as medidas máis integrais, actualizadas, necesarias e xustas que houbo ata agora no noso país.

Explicaranse tamén os excesos dos tipos de tarifas e contratos enerxéticos cos que contamos a día de hoxe, as baldías medidas da Xunta de Galicia a través do seu Bono Social e a posibilidade de obter unha mellora no aforro no consumo do fogar.

Por iso, queremos convidarvos a asistir a este encontro, no que poderedes participar manifestando todas as vosas dúbidas e achegando propostas, porque a riqueza do noso proxecto está na pluralidade de todas nós.

Non esquezades traer os vosos recibos da luz, para consultar as vosas dúbidas e coñecer cómo aforrar.

Agardamos contar coa vosa presenza.

XOVES 11 DE OUTUBRO
20:00H
AULA POLIVALENTE DA CASA DOPESO
INTERVENCIÓN: PANCHO CASAL, DEPUTADO DE EN MAREA NO PARLAMENTO DE GALICIA

Máis información www.xuntosporaspontes.com

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios