COPA DE ESPAÑA DA CLASE VAURIEN NO LAGO DE AS PONTES

O lago de As Pontes será durante esta vindeira fin de semana un dos focos da vela nacional ó acoller unha das competición de vela lixeira con máis solera, a Copa de España da clase vaurien.

252

Do 11 ó 14 de outubro algo máis de 60 regatistas de gran parte do pais visitarán As Pontes para participar nesta competición. Entre eles destaca a flota galega, coas flamantes campeonas do mundo 2018 en categoría xuvenil e campeonas de España 2018 ó frente: as irmás Paula e Paloma González. Tamén está confirmada a participación do regatista do Real Club Náutico de Vigo Pablo Cabello, campeón do mundo no ano 2017, así como doutros laureados regatistas galegos como os irmáns Jaime e Alfonso Leirós do Real Club Náutico Sanxenxo, ou Nacho Campos do club vigués.

Sinalar de modo destacado a presencia internacional encabezada polo italiano Francesco Zampacavallo, campeón do mundo e campeón de España 2018, competindo polo Real Club Náutico de Valencia. A tamén italiana Francesca Magherini, del Circolo de Vela Toscolano Maderno, estará na boia de saída do lago de As Pontes, así como a olímpica holandesa Angela Brandsma, quinta clasificada no campeonato do mundo da clase vaurien 2018.

A representación pontesa confórmana os xuvenís Javier Martínez/Carla Pérez, Alba Díaz/Claudia Díaz e Alfredo Fernández/Ana Torres, e os absolutos Bernardo de Andrés/Miguel Ferreiro.

En canto á programación de actividades, o xoves 11 estará adicado a medicións de velas, barcos e os seus aparellos. A competición en sí dará comezo o venres 12, a partires das 14:30 hs cando se dará a primeira saída. Para o sábado 13 e domingo 14 as saidas están previstas para as 11:00 hs, sempre que o vento no lago acompañe.

A ceremonia de clausura está prevista para o domingo 14 ás 17:30.

Nova cortesía do Club de Vela Fluvial As Pontes

También podría gustarte
Comentarios