PARTIDOS CD AS PONTES SEMANA 11-12-13 OUTUBRO

O As Pontes xoga este venres co Negreira

200

O As Pontes visita este venres festivo o Jesús García Calvo, para enfrontarse ó Negreira (17:00), en encontro arbitrado por Alexandre Represas Rodríguez (A Coruña).

O equipo local, si ben a campaña pasada rematou último da Terceira, e nesta leva só dúas vitorias por cinco derrotas, non deixa de ser un dos históricos do fútbol galego, con once campañas en Terceira, e unha na Segunda B, 2005-06.

Dirixido polo histórico Juan Cabrejo, do ano anterior so conserva a cinco xogadores, entre eles o mítico Cea, e chegaron moitos futbolistas con experiencia na Preferente, entre eles, Jose e Rial, do Estudiantil, Paco, do Ordes, Richi, do Bergantiños, Vía Rápida, do ascendido Paiosaco, e Uxío, do Xallas, incorporando ata seis xogadores de categoría xuvenil.

Nesta campaña, vitorias ante Puebla (2-0) e Estudiantil (0-5), e cinco derrotas, pero ante equipos que se presupoñen da zona alta, Noia (2-1), Dubra (4-2), Sarriana (0-3), Viveiro (0-1) e Arzúa (2-0).

A pesar da gran dificultade do envite para os azuis, o Negreira é un conxunto co que o As Pontes ten un bo bagaxe histórico de once vitorias por só dúas derrotas, inclusive, en terreo visitante, o saldo é de catro triunfos, por catro empates e unha soa vitoria local por 2-1 na 2011-12.

PREFERENTE NORTE
SD NEGREIRA-CD AS PONTES (GARCÍA CALVO. VENRES 12, 17:00)

FEMININO
DISCALZAS SD-CD AS PONTES (O BECO. SÁBADO 13, 18:00)

XUVENIL A
CD AS PONTES-ATLÉTICO DE RIVEIRA (SÁBADO 13, 17:00)

XUVENIL B
CD AS PONTES B (DESCANSA)

CADETE
SRD PORTUARIOS B-CD AS PONTES (ANEIROS. XOVES 11, 18:00)

INFANTIL
CD AS PONTES-NUMANCIA DE ARES CF (VENRES 12, 11:30)

ALEVÍN
CD AS PONTES A-MEIRÁS CF A (VENRES 12, 11:25)
RÁPIDO DE NEDA B-CD AS PONTES B (VENRES 12, 11:00)

BENXAMÍN
CD AS PONTES A-SRD PORTUARIOS (VENRES 12, 10:15)
RÁPIDO DE NEDA B-CD AS PONTES B (VENRES 12, 12:00)

PREBENXAMÍN
CD AS PONTES A-SRD PORTUARIOS (VENRES 12, 12:35)
MEIRÁS CF A-CD AS PONTES B (A MALATA 3. VENRES 12, 11:45)

Nova cortesía de Xose Ferreiro

También podría gustarte
Comentarios