COPA DE ESPAÑA DE VAURIEN LAGO DE AS PONTES 2018

Disputouse durante a fin de semana no Lago pontés

480

Esta fin de semana da ponte disputouse no Lago de As Pontes a Copa de España de Vela na clase Vaurien.

Nun evento cun récord de 32 embarcacións, impúxose na categoría absoluta a dupla do Hondarribia, de Alain Arri e Alexander Díaz. Na segunda posición quedou o Campión Mundial de 2017, Pablo Cabello, acompañado por Mario Pérez.

O terceiro caixón do podio ocuparono Hugo Fernández e David Fernández, nunha proba de moito nivel na que participaron os actuais Campións do Mundo, o italiano Francesco Zampacavallo e o castellonense Carlos Francés, que acabaron cuartos, ademáis dos irmáns Jaime e Alfonso Leirós, Campións Mundiais en Francia 2012.

Na categoría feminina venceu a parella do Náutico de Vigo formada por Lucía Llópiz (catro veces campiona do mundo xunto a súa curmá Laura Llópiz), e a olímpica holandesa Angela Brandsma.

Na categoría xuvenil tamén gañou unha embarcación do Náutico vigués, neste caso as irmáns Paula e Paloma González Esteban, campionas no Mundial Xuvenil de Alemaña disputado hai tres meses.

Por motivos climatolóxicos únicamente na xornada do venres se disputaron todas as mangas, o sábado as embarcacións partiron con moito retraso, e anulouse toda a xornada do domingo.

Ao remate do evento entregaronse os trofeos aos podios de cada categoría, un diploma a todos os participantes, e uns manteigados de agasallo aos xuíces. No acto estivo presente o Concelleiro de Deportes Chicho Tembrás.

Nova cortesía de Xose Ferreiro

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios