Palestra: “A Cooperativa Canle IV e o futuro urbanístico da vila”

O venres 19 de outubro, ás 20:00h, na Casa Dopeso. Acompañaranos o arquitecto Miguel Reimundez e o deputado de En Marea Antón Sánchez.

674

A plataforma veciñal Xunt@s por As Pontes organiza unha palestra aberta a todos os veciños e veciñas de As Pontes para analizar os efectos urbanísticos que a posible construcción da Cooperativa Canle IV, tal e como está deseñada, pode implicar para a nosa vila.

Tamén se fará unha exposición pública das alegacións que esta plataforma veciñal presentou ao documento de Modificación Puntual das Normas Subsidiarias do Concello de As Pontes no ámbito da Canle IV, aprobado o pasado 26 de xullo.

O acto terá lugar este venres día 19 de outubro, ás 20:00h, no Salón de Actos da Casa Dopeso. Acompañaranos o arquitecto Miguel Reimundez e o deputado de En Marea Antón Sánchez.

Toda a documentación relativa con esta modificación puntual e as alegacións que a plataforma veciñal presentou, pódense consultar na web: xuntosporaspontes.com.

Agardamos a vosa asistencia.

Máis información en www.xuntosporaspontes.com

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios