PARTIDOS CD AS PONTES SEMANA 19-20-21 OUTUBRO

O As Pontes recibe este domingo ó Agolada

475

O As Pontes recibe este domingo, 17:00, arbitrado por Juan Carlos Pérez Carmuega (Pontevedra), ó Agolada, o outro equipo pontevedrés da Preferente Norte, xunto co Estudiantil da Estrada.

E precisamente, contra o equipo estradense suman os agolenses o seu único triunfo no que vai de campaña (5-0), e o resto de encontros disputados saldanse con sete derrotas.

Pese a que os ponteses buscarán a súa novena vitoria consecutiva, non se poderán confiar ante un equipo que só perdeu por un suspiro contra cinco dos grandes da categoría, Ribadeo (2-1), Noia (1-2), Sarriana (2-1), Viveiro (2-1), e Arzúa (1-2).

O conxunto pontevedrés mantén prácticamente o mesmo bloque que conseguiu o ascenso a tempada anterior, destacando os goleadores Alex Diéguez (13), o hondureño Jemba (12), e Aitor Hurtado (10).

PREFERENTE NORTE
CD AS PONTES-SD AGOLADA (DOMINGO 21, 17:00)
FEMININO
CD AS PONTES-CF SAN SADURNIÑO (SÁBADO 20, 18:00)
XUVENIL A
CF DUMBRÍA-CD AS PONTES (O CONCO. SÁBADO 20, 16:30)
XUVENIL B
CD AS PONTES B-SCDR NARÓN O FREIXO (SÁBADO 20, 11:30)
CADETE
CD AS PONTES-CEDEIRA SD (SÁBADO 20, 16:30)
INFANTIL
EFB AMISTADE MEIRÁS-CD AS PONTES (SANTA MARIÑA. SÁBADO 20, 11:30)
ALEVÍN
SD O VAL-CD AS PONTES A (SINDE. VENRES 19, 18:00)
CD AS PONTES B-CULTURAL MANIÑOS SD B (SÁBADO 20, 10:15)
BENXAMÍN
SD O VAL-CD AS PONTES A (SINDE. VENRES 19, 18:00)
CD AS PONTES B-SCDR GALICIA DE CARANZA B (SÁBADO 20, 11:25)
PREBENXAMÍN
FC ORTIGUEIRA-CD AS PONTES A (SAN CLAUDIO, SÁBADO 20, 12:00)
CD AS PONTES B-NUMANCIA DE ARES CF (SÁBADO 20, 12:35)

Nova cortesía de Xose Ferreiro

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios