SEGUNDA DIVISIÓN “B” DE FÚTBOL SALA: O ESTEO FS-ALBENSE FS (8-5)

Terceira vitoria en Liga do conxunto pontés, ante un rival directo coma o salmantino

562

O Esteo pontés de fútbol sala venceu este venres á noite ó Albense de Salamanca por 8 goles a 5, tras chegar ó descanso con igualada a 4-4.

Comezaron adiantándose os visitantes cando un remate de Cris é rexeitado por Javichu, pero nada pode facer a continuación ante o disparo de Pinto, que empala ó fondo das mallas (3´). Pero respostaban os locais, cun tanto de Ayala por baixo dende fóra da área (6´), e outro de Cokito, que se desfai do seu marcador e bate ó porteiro por entre as pernas (7´).

Voltaban a empatar os salmantinos, tras unha xogada na que Alex Durán se complica a vida como último defensor, roubanlle o balón, e marca Cris de tiro cruzado (9´). Despois puxeron terra de por medio os locais con dous goles de Jacobo, o primeiro tras desvíar un defensa o balón (11´), e o segundo de falta (13´).

Pero antes do descanso voltaban a empatar outra vez os visitantes tras un tanto de Cris cun tiro moi axustado ó poste (17´), e nos últimos segundos nunha contra na que Jorge queda só e marca por entres as pernas de Javichu. Cun abultado 4-4 se chegou ó descanso e o marcador puido ser máis amplio aínda xa que os locais desaproveitaron dúas faltas directas e outra os casteláns leoneses a falta de sete segundos.

No segundo período foi mellor o equipo local e pronto se voltaba a adiantar no marcador tras un xogadón de Jacobo que dispara, e está atento ó rexeite do porteiro Cokito para facer o 5-4 (23´). Ampliou o tanteo Alex Durán, que marca de tiro cruzado (31´), e despois, tras un saque de banda de Jacobo, envía o balón moi longo, non chega o porteiro, pero si Pana moi listo para anotar a porta baleira (34´).

Con porteiro xogador recurtaron distancia os visitantes por medio de Juanan (38´), pero faltando poucos segundos, nunha contra, sirvella Cokito a Jacobo que marca a pracer o 8-5 definitivo. Aínda houbo tempo para outro tanto máis, por medio de Héctor, mágoa que o seu disparo foi xusto cando sonou a bocina.

Neste segundo período foi mellor o conxunto pontés, que tivo ademáis ocasións para Pana que tirou preto do escuadro, un xogadón de Bruno, tiro de Alex Durán e paradón do porteiro, e un disparo á cruceta de Pana, se ben tamén hai que destacar dous paradóns de Javichu.

Cuarta vitoria na casa do Esteo ante o Albense na Segunda B, terceira consecutiva. A falta do grueso dos partidos da xornada, os de Óscar Vigo son sétimos con 9 puntos, e a vindeira semana xogarán na casa ante o Santiago de Sama.

O ESTEO FS: Javichu, Héctor, Pana, Rober, Jacobo– cinco inicial – Cokito, Alex, Bruno, Troncho, Dani, Ayala.

ALBENSE FS: Carlos, Cris, Jorge, Pinto, Juanan – cinco inicial – Nacho, Javi, Diego, Sergio, Motta, Raúl, Sierra.

GOLES: 0-1, Pinto (3´), 1-1, Ayala (6´), 2-1, Cokito (7´), 2-2, Cris (9´), 3-2, Jacobo (11´), 4-2, Jacobo (13´). 4-3, Cris (17´), 4-4, Jorge (19´). 5-4, Cokito (23´), 6-4, Alex (31´). 7-4, Pana (34´), 7-5, Juanan (38´), 8-5, Jacobo (39´).

INCIDENCIAS: Pavillón de A Fraga. Uns 150 espectadores.

ÁRBITROS: Amarela a Bruno.

Nova cortesía de Xose Ferreiro

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios