103 Foliada no Lar

O vindeiro venres 26 de outubro no Lar

355

Este ano tócanos ao Grupo No Cómbaro empezar as Foliadas do Lar. Despois de superar as 100, xa estamos mirando cara as 200. Para conseguir o novo reto precisamos da vosa tan estimada axuda. Músic@s, bailador@s e público en xeral, sin vosoutr@s nada de esto sería posible.

Empezamos a nova tempada coa A.C. San Xiao do Trebo de Cariño que nos traerán unha actuación mui variada con música, baile e canto. Dende o Barbanza veñen os “Aquí e Alá” uns amigos que con gaita, acordeón e voces, han de facernos cantar con éles temas tradicionales ben coñecidos. E como anfitrións os de No Cómbaro das Pontes.

Nova cortesía de No Cómbaro Música Tradicional Galega

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios