Nota de prensa XPAP: Supresión do Plan Ferrol. En Marea esixe ao Goberno que volva reactivar as axudas REINDUS territorializadas

En Marea no Congreso defende que Ferrolterra, Eume e Ortegal “teñan un perfil propio nestas axudas” e que se executen as partidas de plans anteriores, como a deste ano de 45,7 millóns, que segue sen executarse.

316

A deputada de En Marea, Yolanda Díaz, segue preocupándose pola nosa comarca, nesta ocasión a raíz da supresión do Plan Ferrol. Ven de presentar varias iniciativas no Congreso e solicitou unha xuntanza coa ministra de Industria, Reyes Maroto, pola convocatoria sobre as axudas REINDUS.

Cales son os motivos para que o Goberno modificase as bases reguladoras para a concesión de apoio financeiro ao investimento industrial no marco da política pública de reindustrialización, que provocou a eliminación das convocatorias territorializadas?”, pregunta nunha iniciativa En Marea.

Yolanda Díaz manifestou “a disconformidade” con estes cambios.

“Somos conscientes de que había un problema coas anteriores convocatorias, pero esta convocatoria que se fai con carácter desterritorializado non resolve os problemas que temos nas zonas máis deprimidas, especialmente no noso caso, nas comarcas de Ferrolterra, Eume e Ortegal”.

A deputada defende que Ferrolterra “teña un perfil propio e por suposto as restantes zonas degradadas” e que se executen as partidas de plans anteriores, como a de 45,7 millóns de euros consignada nos anteriores Orzamentos do Estado para as comarcas de Ferrolterra, Eume e Ortegal.

“Esta proposta comete os mesmos erros que cometía o PP, que é esixir avais aos proxectos empresariais”, insistiu Díaz.

En Marea tamén pregunta ao Goberno o motivo polo que mantén, na nova convocatoria de axudas á reindustrialización, a esixencia de presentación de garantías, “que tantas protestas provocou en exercicios anteriores e que a propia Ministra se comprometeu a mudar”.

Ante esta situación, o grupo de En Marea no Congreso solicita varias iniciativas e varias preguntas orais e escritas, unha solicitude de comparecencia e unha reunión coa Ministra. “Pedimos que rectifiquen con carácter inmediato a esta convocatoria”.

Máis información en www.xuntosporaspontes.com

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios