PARTIDOS CD AS PONTES SEMANA 26-27-28 OUTUBRO

Triunfos do Feminino, Cadete, ambos Alevíns e Benxamíns, e o Prebenxamín A, nunha xornada na que dimitiu o adestrador do Xuvenil A, Felipe Mieres.

527

FEMININO
SDC GALICIA DE MUGARDOS-CD AS PONTES (0-3)

Primeira vitoria do feminino pontés 0-3 ante o Mugardos, con tantos de Alba no primeiro período e Paula Baamonde e Carlota no segundo.

Oitavas con 5 puntos, reciben ó líder con pleno de vitorias, Caranza, que suma 18. Xogaron Leti, Yoli, Carolina Paz, Noelia, Carolina Rodríguez, Xeila, Paula Castro, Carlota, Paula Baamonde, Nerea, Alba e Uxía.

XUVENIL A
CD AS PONTES-VIVEIRO CF (2-2)

Empate do Xuvenil A no derbi co Viveiro, onde os de Felipe Mieres, que dirixiu o seu último encontro coma adestrador, se adiantaron por dúas veces, empatando outras dúas os lucenses.

A pouco do descanso adiantou Vilela de penalti ós locais, pero nos últimos vinte minutos, empataba Pablo, tamén dende o punto fatídico. Dani voltaba a adiantar ós locais pouco despois, pero pronto Javi poñía o 2-2 definitivo para os celestes.

Decimoterceiros con 8 puntos, un por riba dos postos de descenso, próxima visita ó Bergantiños, cuarto. Xogaron Brais, Fraga, Breijo, Pablo, Estevo, Vilela, Óscar, Edgar, Dani, Chema, Jandro, e despois Matías e Cristian.

XUVENIL B
NUMANCIA DE ARES CF-CD AS PONTES B (5-3)

Derrota do Xuvenil B en Ares 5-3, nun encontro no que sempre foi a remolque, con dous goles de Mateo e un de Derick.

Oitavos con seis puntos, na vindeira xornada reciben ó Perlío, segundo. Xogaron Juan, Nono, Alex Barro, Santi, Antonio, Antón, Miguel, Edgar, Mateo, Tembrás e Vicente, saíndo despois Pani, Derick, Xavi, Xan e Xoel.

CADETE
SDC GALICIA DE MUGARDOS-CD AS PONTES (1-8)

O Cadete gañou 1-8 en Mugardos, goles de Joan Tembrás (3), Xoel Purriños (2), Jandro López, Luis Alejandro e Samuel Seco.

Segundos con 13 puntos na vinveira xornada reciben ó Eume, cuarto con 10. Xogaron Mario Regueiro, Adrián Bellas, Xose, Riobo, Mario Fraga, Hugo, Luis, Jandro, Joan, Xoel, Adrián Piñón, entrando despois Sergio, Edgar, Samuel, Mateo e Yadai.

INFANTIL
CD AS PONTES-SD O VAL (3-5)

Derrota 3-5 do Infantil pontés ante un cadro valexo que foi por diante todo o encontro, goles de Anxo Blanco (2) e Cristian Muñoz.

Quintos con 7 puntos, visitan ó San Pedro, sétimo con tres. Xogaron Hugo Bouza, Israel, Antón, David, Anxo Rey, Carlos, Ali, Xandre, Anxo Blanco, Ángel, Diego, Xose, Joel, Sergio, Yeray e Cristian.

ALEVÍN
CD AS PONTES A-CD NARÓN (11-1)
CD NARÓN B-CD AS PONTES B (0-2)

Vitoria 11-1 do Alevín A, tantos de Nico Meizoso (4), Sergio Vázquez (3), Diego Lozano (2), Miguel Dopico e Anxo Sánchez. Segundos con 12 puntos na vindeira xornada descansan. Vitoria 0-2 do Alevín B, tantos de Alejandro Díaz e Almahdi Belhaj. Cuartos con 9 puntos, reciben ó líder EF Ferrol.

BENXAMÍN
CD AS PONTES A-SAN SADURNIÑO B CF (12-0)
CEDEIRA B SD-CD AS PONTES B (4-6)

Vitoria 12-0 do Benxamín A, tantos de Iván Rodríguez (3), Xalo Cebreiro (2), Xandre Domínguez, David Maseda, Naúl Suárez, Bruno Bouza, Omar Penabad, Lucas Blanco e Felipe Riveira. Líderes con 15 puntos visitan ó penúltimo con catro Narón O Freixo B. Triunfo 4-6 do Benxamín B en Cedeira, goles de Xoel Galego (3), David Otero (2), e Martín Laherrán. Son sextos con 7 puntos, antes de recibir ó líder Narón O Freixo.

PREBENXAMÍN
CD AS PONTES A-AD MIÑO (9-0)
CCRD PERLÍO-CD AS PONTES B (10-2)

Vitoria do Prebenxamín A 9-0 ante o Miño, tantos de Brais Gómez (5), Xalo Franco, Xoel Timiraos, Yago Bouza e Pablo Mariño. Terceiros con 12 puntos visitan ó líder Caranza. Derrota 10-2 do Prebenxamín B, goles de Daniel Peña e Adrián Ameneiro, antes de recibir ó EF Racing de Ferrol, terceiro.

Nova cortesía de Xose Ferreiro

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios