SEGUNDA DIVISIÓN “B” DE FÚTBOL SALA: O ESTEO FS-SANTIAGO DE SAMA FS (6-1)

Goleada do Esteo que suma a súa cuarta vitoria

398

O Esteo pontés de fútbol sala sumou este sábado a súa cuarta vitoria da tempada, terceira consecutiva, tras gañar ó Santiago de Sama asturiano por 6 goles a 1.

No primeiro tempo levou o peso do encontro o equipo local, que marcou dous goles por medio de Jacobo, dun forte disparo por alto (4´), e dun tiro raso dende fóra da área (15´).

Nestes primeiros vinte minutos resaltar tamén un disparo ó poste do propio Jacobo, e de Choki polos visitantes.

No segundo período poñía terra de por medio o cadro local, tras unha xogada na que Viti acababa introducindo o balón na súa portería (24´), e máis adiante nunha boa combinación entre Dani e Bruno, acaba marcando o xuvenil a pracer (32´).

Pese a que recurtaba distancias Márquez pouco despois, nos últimos minutos, Alex Durán, que quedou só, sentenciou marcando a porta baleira (35´), e nos derradeiros segundos, Cokito, de forte disparo, redondeou o 6-1 definitivo.

O Esteo é sétimo con 12 puntos, seis por riba dos postos de descenso, e ten unha complicada visita ó Guardo, segundo con 16.
O ESTEO FS: Javichu, Cokito, Alex, Héctor, Jacobo – cinco inicial – Rober, Bruno, Troncho, Dani, Ayala.

SANTIAGO DE SAMA FS: Pelayo, Márquez, Chino, Javi, Choki – cinco inicial – Fredy, Valdés, Manute, Viti, Uri.

GOLES: 1-0, Jacobo (4´), 2-0, Jacobo (15´). 3-0, Viti, pp (24´), 4-0, Bruno (32´), 4-1, Márquez (32´), 5-1, Alex (35´). 6-1, Cokito (39´).

INCIDENCIAS: Pavillón de A Fraga. Uns 150 espectadores.

ÁRBITROS: Novoa García, Guntín Garrido, Prados Caamaño (Ourense-Ferrol). Amarelas a Alex, Héctor e Valdés.

Nova cortesía de Xose Ferreiro

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

Comentarios