PRIMEIRA TERRITORIAL GALEGA. CR FENDETESTAS 11 – CR CORETI LALÍN 34

Derrota do equipo pontés nesta terceira xornada

304

O Fendetestas pontés de Rugbi perdeu 11-34 na visita do Coreti de Lalín, no partido xogado este domingo á mañá, con moita chuvia.

Os verdes aguantaron ben na primeira metade, que marchou cun tanteo de 8-12, e incluso no comezo do segundo período se puxeron con 11-12, a un so punto, cos dous lanzamentos a paus de Antonio e o ensaio de Roberto.

Pero tres ensaios dos visitantes nos derradeiros quince minutos, puxeron o 11-34 definitivo, que lles outorgou ademáis o bonus ofensivo.

Foi unha mala xornada para os verdes, máis que pola derrota, pola vitoria do Crat B na casa do Pontevedra, o que os fai pechar a clasificación nestes momentos.

Lidera Ferrol con 15, por 10 de Os Ingleses e Lalín, 6 ten o Pontevedra, 4 o Crat B, e pecha cun punto o Fendetestas.

Xogaron Anxo, Gallardo, Antón, Andrés, Toño, Senen, Antonio, Miguel, Roberto Río, Diego, Nathan, Rafael, Óscar, Pablo, Asier, entrando despois Roberto García e Xose.

Trascendental partido o que xogará o equipo pontés a vindeira semana na Coruña ante un rival directo coma é o Crat B, na cuarta xornada.

Nova cortesía de Xose Ferreiro

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios