Nota de prensa XPAP: Xunt@s por As Pontes apoia as reivindicacións dos traballadores e traballadoras de Endesa

Xunt@s por As Pontes e En Marea reúnense coa Sección Sindical de Comisións Obreiras de Endesa As Pontes para abordar a vulneración dos dereitos dos traballadores unha vez se produza a caducidade do convenio colectivo en decembro.

539

Esta mesma mañá membros da plataforma veciñal Xuntas por As Pontes reuníronse cos representantes sindicais de CCOO Endesa As Pontes e coa Deputada de En Marea, Yolanda Díaz.

Os traballadores amosaron a súa preocupación pola posibilidade de perda dos seus dereitos laborais e beneficios sociais se non se aproba o V Convenio Marco de Endesa antes do 31 de decembro, data na que caduca a prórroga do convenio vixente.

O V Convenio Marco leva en negociacións máis dun ano sen chegarse a acordos por mermar considerablemente a situación económica e beneficios sociais dos traballadores de Endesa. Se a 31 de decembro non está aprobado, entraría a ultractividade, é dicir, quedan sen convenio colectivo e regúlanse polo convenio do ámbito superior. Neste caso, non hai un ámbito superior, polo que se pasaría a regular cada contrato individualmente. Isto suporía que, por exemplo, as novas altas na empresa quedarían sen acoller a ningún convenio, o que se traduce nunha perda de dereitos pois quedan a mecer da vontade da empresa.

Ante esta situación, a plataforma veciñal Xunt@s por as Pontes amosa o seu apoio público a todos os traballadores de Endesa, que en As Pontes suman unhas 2.500 persoas, entre pasivos e activos.

A situación de incertidume e recorte dos seus dereitos e beneficios sociais é inadmisible pois Endesa é unha empresa solvente que cada ano mellora os seus resultados. É intolerable que a pesares disto, se denigre deste xeito aos traballadores coa única finalidade de incrementar os beneficios empresariais e das persoas que integran os seus órganos de dirección.

A Deputada de En Marea, Yolanda Díaz, presentará iniciativas no Congreso nos vindeiros días para evitar que Endesa recorte e vulnere as condicións laborais dos traballadores, pois a ultractividade é o mecanismo que utilizan as multinacionais para rematar cos seus dereitos.

Máis información en www.xuntosporaspontes.com

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios