PARTIDOS CD AS PONTES SEMANA 31 OUTUBRO 1-2-3 NOVEMBRO

Vitoria do Cadete, Infantil, e ambos Benxamíns

342

FEMININO
CD AS PONTES-SCDR GALICIA DE CARANZA (1-3)

Derrota do feminino 1-3 ante o líder Caranza nun encontro no que ningún equipo xogou como local, dado que se disputou na Capela. Adiantou Zaira ás ferrolás, e Melissa ampliou o marcador e sentenciou no segundo tempo, anotando o da honra Yoli co tempo cumprido.

Son novenas con cinco puntos antes de visitar ó Eume Deportivo, undécimo con catro. Xogaron Leti, Yoli, Andrea, Tania, Sara, Noelia, Lucía, Xeila, Paula Castro, Carlota, Paula Baamonde e Alba.

XUVENIL A
BERGANTIÑOS CF-CD AS PONTES (4-0)

Derrota sen paliativos do Xuvenil A pontés en Carballo, perante o terceiro clasificado, que foi anotando sucesivamente por medio de César, Jose e Diego (2), nun encontro no que estiveron no banquiño Carballo e Cascudo.

Son decimoquintos con 8 puntos e reciben ó noveno, Escola Estrada, que ten 12. Xogaron Brais Mariño, Carlos, David, Pablo, Estevo, Matías, Óscar, Edgar, Dani, Vilela, Breijo, entrando despois Chema, Álvaro, Brais Dovale, David e Nesi.

XUVENIL B
CD AS PONTES B-CCRD PERLÍO (2-2)

Empate 2-2 do Xuvenil B ante o terceiro, Perlío, nun encontro no que se puxeron por diante por dúas veces, con tantos de Elías e Derick, pero lograron igualar os de Fene.

Oitavos con 7 puntos, visitan ó Cedeira, cuarto con 11. Xogaron Juan, Nono, Alex Barro, Edgar, Santi, Vicente, Blanco, Elías, Mateo, Xoel, Derick, entrando despois Antón, Xan, Sergio e Mohamed.

CADETE
CD AS PONTES-EUME DEPORTIVO (5-2)

Triunfo do Cadete 5-2 ante o Eume Deportivo nun partido no que pese a que os de Pontedeume empataron por dúas veces, os azuis souberon repoñerse con tres tantos nos derradeiros vinte minutos

Xogaron Mario Regueiro, Adrián Bellas, Xose (1), Riobo, Mario Fraga, Jandro López, Luis (2) Hugo, Joan (2), Xoel, Adrián Piñón, entrando despois Edgar, Samuel, Eloy, Dani e Mateo.

O equipo remata a liguiña segundo con 16 puntos, entrando no grupo dos mellores, a un palmo de clasificar para as semifinais de Copa.

INFANTIL
RACING SAN PEDRO-CD AS PONTES (2-3)

O infantil pontés deu a volta ó marcador para acabar gañando nos últimos minutos no encontro desputado este venres en Ferrol, con tantos de Anxo Blanco, Iago Expósito e Xandre Fernández.

Cuartos con dez puntos, descansan na vindeira xornada. Xogaron Joel, Sergio, Antón, Augusto, Anxo Rey, Carlos, Xose, Xandre, Anxo Blanco, Ángel, Diego, Nico, Hugo, Ali, Iago e Billal.

ALEVÍN
CD AS PONTES A (DESCANSA)
CD AS PONTES B-EF RACING DE FERROL (0-10)

Descansou o Alevín A, e dura derrota do Alevín B que é cuarto con nove puntos e visitará ó Rápido de Neda, cos mesmo puntos, na vindeira xornada.

BENXAMÍN
SDCR NARÓN O FREIXO B-CD AS PONTES A (0-9)
CD AS PONTES B-SDCR NARÓN O FREIXO (2-0)

O Benxamín A continua líder con 18 puntos tras gañar en Narón 0-9, goles de Xalo Cebreiro (2), Íker Ares (2), Iván Rodríguez, Nacho Vilasuso, David Maseda, Lucas Blanco, Marco Pico, e reciben ó sexto con 8 puntos Caranza E. O Benxamín B venceu 2-0 con tantos de Xoel Galego e quintos con 10 puntos visitan ó segundo, EF Racing de Ferrol.

PREBENXAMÍN
SCDR GALICIA DE CARANZA-CD AS PONTES A (4-1)
CD AS PONTES B-EF RACING DE FERROL (1-8)

Derrota do Prebenxamín A 4-1 ante o líder Caranza, tanto de Xoel Timiraos, e cuartos con 12 puntos reciben ó Eume Deportivo, coa mesma puntuación. Derrota do Prebenxamín B 1-8 ante o EF Racing de Ferrol, tanto de Iván Sueiro, antes de visitar ó Galicia Mugardos, quinto con 10 puntos.

Nova cortesía de Xose Ferreiro

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios