COPA DE GALICIA: O ESTEO FS-CIDADE DE NARÓN (3-4)

O equipo naronés clasifica para cuartos de final

296

Non puido clasificar ós cuartos de final da Copa de Galicia ó Esteo pontés de fútbol sala tras perder como local ante o Cidade de Narón por segunda vez en apenas un mes.

E iso que os locais dominaron os primeiros minutos. Ó pouco do comezo tras un tiro de Alex, queda rexeitado o balón e Cokito mandao por alto (1´). Despois, bo tiro de Rober e saca o porteiro (3´), gran combinación entre Pana e Alex, e volve a salvar Arrivi (8´), e nunha boa deixada do de Pontedeume a Ayala, este pegalle mordido ó balón en posición inmellorable (9´).

Para os naroneses houbo unha boa ocasión de Iván, que lle roubou un balón a Alex e disparou ó poste (5´). Pero noutra gran xogada de Pana, dalle o balón a Dani, que dispara, rexeita Arrivi, volve a coller o balón Dani, que lla cede atrás a Ayala, que marca de forte disparo (10´).

Pero co gol, os locais botáronse atrás ata que Iván se desfai moi fácil de Rober e fusila a Javichu conseguindo o empate (15´), Incluso nunha xogada de estratexia, quedou só Guille e mandou o balón por alto (16´). Pero tras un saque de córner de Rober roza o balón nun defensa visitante e acaba colándose polo segundo pau (17´).
Pero antes do descanso, noutro xogadón de Iván, desfaise de todos os rivais, non recibe falta, e regalalle un balón a Guille que só o ten que empurrar ao fondo das mallas poñendo o 2-2 no electrónico (19´).

No reinicio do segundo período chegou unha xogada clave. Cun xogador menos por expulsión de Buján, achuchou o equipo lcoal a área visitante, pero Arrivi solventou todas as ocasións, ata que nun envío dun área a outra, remata case sen ángulo e sen deixala caer Diego, e marca un golazo polo escuadro (22´).

Seguiu achuchando o Esteo, sen embargo chegaban os visitantes a contagotas pero con moito perigo. Salva Javichu ante Brais (28´), e logo nunha contra é Guille o que queda só e o seu disparo marcha rozando a cruceta (30´).

Ata que nun mal despexe defensivo do Esteo, marca dun forte disparo dende fóra da área David moi axustado ó primeiro pau (31´). Poñía Pana algo de esperanza, cando aproveitou un rexeite de Arrivi a tiro de Jacobo, para empalar o balón a gol (33´).

Xa con porteiro xogador, o Esteo tivo ocasións para empatar, dúas de Pana, Cokito e Jacobo, pero nas catro oportunidades enviaron o balón por alto. Acompaña o Cidade a Xove, Leis e Santiago, quedando catro enfrontamentos por decidir.

O ESTEO FS: Javichu, Cokito, Alex, Rober, Jacobo– cinco inicial – Pana, Bruno, Troncho, Dani, Ayala.

CIDADE DE NARÓN: Arrivi, Iván, Diego, Brais, Buján – cinco inicial – David, Bertito, Guille, Iago.

ÁRBITROS: Carreira Romero, Moreira Bermúdez, García Vázquez. Amarelas a Diego, e o adestrador e delegado visitantes. Expulsou por doble amárela a Buján (19´).

GOLES: 1-0, Ayala (10´). 1-1, Iván (15´), 2-1, Rober (17´), 2-2, Guille (19´). 2-3, Diego (22´), 2-4, David (31´), 2-4, Pana (33´).

INCIDENCIAS: Pavillón da Fraga. Preto dun cento de espectadores. Nun día moi chuvioso tivo que facer “malabarismos” o delegado Rosendo nunha pista moi húmeda por momentos.

Nova cortesía de Xose Ferreiro

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios