PARTIDOS CD AS PONTES SEMANA 9-10-11 NOVEMBRO

O As Pontes recibe este domingo ó Xallas de Santa Comba

238

No que será o último encontro da xornada, ás 18:00, arbitrado por Alfonso Alcalá Rey (Santiago), recibe o As Pontes ó Xallas.

O equipo de Santa Comba é decimocuarto con 14 puntos, cunha traxectoria algo irregular, na que destaca un 3-0 ó Dubra, ou un 2-2 en Ribadeo, aínda que tamén perdeu 5-0 en Sarria, 5-1 en Viveiro, ou 0-3 co Noia.

Destaca Iván González, ex xogador de Compostela, Lugo e Ourense, entre outros, que aínda segue dando guerra ós seus 40 anos, e de feito marcou 9 dos 20 goles anotados polos xalleiros.

O equipo mantén o bloque da campaña pasada, que lograra unha moi boa novena praza, con remontada no tramo final, destacando Julián López e Alex Blanco, e ademáis incorporou a Rubén (Noia), Iago (Bergantiños), Eloy (Paiosaco), e Santi (Estradense).

O As Pontes tratará de volver á senda da vitoria, precisamente ante un equipo ao que nunca se gañou na casa. Como Atlético Mineiro perdeuse en dúas ocasións, coma Santa Comba empatouse 0-0, e a campaña pasada, xa coma Xallas, 1-1.

PREFERENTE NORTE
CD AS PONTES-XALLAS FC (DOMINGO 11, 18:00)

FEMININO
EUME DEPORTIVO-CD AS PONTES (GÁNDARA. SÁBADO 10, 17:00)

XUVENIL A
CD AS PONTES-ESCOLA ESTRADA FB (SÁBADO 10, 16:15)

XUVENIL B
CEDEIRA SD-CD AS PONTES B (O BECO. SÁBADO 10, 11:00)

CADETE
CD AS PONTES-RACING SAN PEDRO (SÁBADO 10, 17:00)

INFANTIL
CD AS PONTES (DESCANSA)

ALEVÍN
CD AS PONTES A-LIBUNCA SD B (SÁBADO 10, 10:15)
RÁPIDO DE NEDA-CD AS PONTES B (SÁBADO 10, 10:45)

BENXAMÍN
CD AS PONTES A-SCDR GALICIA DE CARANZA E (SÁBADO 10, 11:25)
EF RACING DE FERROL-CD AS PONTES B (A MALATA 2. VENRES 9, 19:30)

PREBENXAMÍN
CD AS PONTES A-EUME DEPORTIVO (SÁBADO 10, 12:35)
SDC GALICIA DE MUGARDOS-CD AS PONTES B (A PEDREIRA. SÁBADO 10, 11:15)

Nova cortesía de Xose Ferreiro

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios