Exposición de pintura “Animais”

ARTPO organiza unha nova exposición de pintura, estará na Casa Dopeso do 19 ó 30 de novembro de 2018.

174

ARTPO nace en As Pontes como grupo artístico no ano 2012 coa fin de unirse para expoñer, pintar e traballar por intereses comúns . O 2 de marzo de 2016 constitúese como asociación cultural na súa primeira reunión de socios. En varias ocasións fanse exposicións nas que, a parte de pintura, compartiron espazo a ilustración, escultura, manualidades, poesía, música e fotografía.

Así mesmo, viaxou a outros concellos como Cerdido (A Coruña) ,Cervo (Lugo), e Foz (Lugo) onde se expuxo a arte dos asociados e como non, deuse a coñecer o noso Concello.

Colaborou con outras agrupacións como en “Nadal Pirata” co Conservatorio municipal; coa Biblioteca, creando os 6 marcapáxinas e a bolsa do aniversario; a exposición conxunta da inauguración do edificio do Exágono; As Pontes en Pezas cun mural en colaboración coa Asociación de Discapacitados Activos “A Xanela”; e na despedida da Sala de exposicións Mercado Vello xunto con Amigos da Madeira. Donacións de cadros: En 2014 Noé López Valiña dona un cadro na exposición ó Concello de Cervo; e tamén Lourdes Acera Olaso dona no 2018 una obra para Servizos Sociais de As Pontes.

En Facebook mostramos a galería dixital das nosas obras, eventos, noticias e novas e enlaces interesantes do munto da cultura plástica: @ArtpoASPontes. O noso local está actualmente no primeiro piso do local do Conservatorio.

Exposicións:
-1ª exposición ARTPO (As Pontes 2012)
-Pasearte exposicións nos escaparates (As Pontes 2012)
-Vila da Arte (As Pontes 2013)
-Bodegóns e naturezas (As Pontes 2014)
-Artpo en Cerdido (Cerdido 2014)
-Artpo en Cervo (Cervo 2014)
-Interpretacións (As Pontes 2015)
-Artpo 2014-15 (As Pontes 2015)
-As Pontes (As Pontes 2016)
-Opostos (As Pontes 2017)
-Artpo en Foz (Foz 2017)
-Flores e Natureza ( As Pontes 2018)

Nova cortesía de Artpo

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios