Fallados os premios do III Concurso de Fotografía Concello da Capela

Unha fotografía aérea do mosteiro de Caaveiro resultou premiada con 500 euros.

482

O Concello da Capela convocóu este certáme co obxectivo de difundir o patrimonio histórico, etnográfico e natural que conforman o Mosteiro de Caaveiro e as Fragas do Eume, na Capela, así como promover a defensa ambiental e o ecoloxismo. A temática principal desta convocatoria, que contou co patrocinio da Deputación da Coruña, era o “patrimonio etnográfico do Concello da Capela”.

Foron un total de 124 as fotografías que se presentaron a esta terceira edición do Concurso.

O pasado sábado 3 de Novembro tivo lugar a valoración das propostas presentadas e a elección das tres fotografías gañadoras. Mañá sábado día 10 procederase á entrega dos premios sendo o primeiro -500 euros- para Mariano Carnevale, veciño de A Capela, cunha fotografía aérea do mosteiro de Caaveiro; o segundo premio, dotado con 250 euros, para Alberto Leiras, de san Sadurniño, cunha imaxe nocturana da capela de As Neves, e o terceiro premio, de 150 euros, para Cony Anca, de Fene, cunha fotografía do mosteiro de Caaveiro.

XURADO:
O xurado estivo formado por Emilio Riobó, concellal de turismo, en representación do Concello da Capela, Vanesa Cebreiro, fotógrafa afeccionada titulada en laboratorio de imaxe e veciña da Capela, Ramón Vaamonde, fotógrafo profesional xurado en varios concursos de fotografía e gañador de certames a nivel nacional, David Landrove, fotógrafo profesional xurado en outros concursos, Jorge Meis, fotoperiodista con experiencia como xurado de varios concurso e con varios premios ao longo da súa traxectoria profesional, Marisa Rivas, fotógrafa profesional, e o tamén fotógrafo profesional Carlos Carballeira, colaborador como fotoperiodista de diversas axencia e con experiencia como xurado en varios concursos, e Víctor Caneiro, en representación de Eventi, empresa organizadora.

III TRAIL MOSTEIRO DE CAAVEIRO:

Por outra banda, informamos que o prazo de inscripción para o III Trail Mosteiro de Caaveiro pecharase este domingo día 11 de Novembro.

A proba, puntuable a nivel internacional e para o Ultra Trail do Mont Blanc (evento máis prestixioso a nivel europeo), que terá lugar o domingo 18 de Novembro, conta xa con preto de 500 participantes inscritos nas 3 diferentes opcións: trail longo, de 23 km con 2200 mtrs de desnivel acumulado, trail curto, de 12 km de 1200 metros de desnivel acumulado, e a andaina –non competitiva- cun percorrido de 12 km.

O Trail Mosteiro de Caaveiro conta tamén co Selo de Excelencia Ambiental da Asociación Española de Trail Running e coa homologación da International Trail Running Association, da que Evento é organizador numerario.

Nova cortesía do Concello da Capela

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios