PRIMEIRA TERRITORIAL GALEGA. CR FENDETESTAS 3 – OS INGLESES RC 93

Contundente derrota do Fendetestas nun encontro no que dispuxo de dous xogadores menos

327

O Fendetestas pontés de rugbi perdeu este domingo á mañá no Campo do Monte Medulio ante Os Ingleses de Vilagarcía por un contundente marcador de 3-93.

Á marxe da calidade dos pontevedreses, os locais disputaron os 80 minutos con dous xogadores menos, o que fixo que os visitantes lograran ata 15 ensaios. A brecha foi maior na segunda metade, dado que ó descanso chegouse cun tanteo de 3-29.

Ferrol suma 25 puntos, Os Ingleses 20, Crat B 14, Lalín 10, Pontevedra 6 e pecha o Fendetestas cun punto. Un Fendetestas que dentro de dúas semanas recibe ó Pontevedra no inicio da segunda volta nun encontro clave para os verdes.

Xogaron Anxo, Álvaro, Gallardo, Antón, Andrés, Toño, Robert, Antonio Gómez, Antonio Franco, Diego, Roberto García, Pablo, Asier

Nova cortesía de Xose Ferreiro

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios