PARTIDOS CD AS PONTES SEMANA 16-17-18 NOVEMBRO

O As Pontes visita ó Castro este domingo

227

O As Pontes visita este domingo, 16:00, arbitrado por Adam Rodríguez Delgado (Ourense), o Arturo Pereiro, para enfrontarse ó Castro. O equipo lucense, que descendera xunto ó As Pontes da Terceira División na 2016-17, ao remate da pasada campaña tivo problemas económicos e institucionais, e tivo que facer prácticamente un equipo dende cero.

Apenas leva catro empates, penúltimo, e sufriu goleadas nas dúas últimas xornadas, pero non se pode confiar en absoluto o cadro pontés dado que sen ir máis lonxe os lucenses empataron co Ribadeo (2-2), e perderon por moi pouco ante Dubra (1-0), Noia (3-1), e Sarriana (1-2), neste caso cun xogador menos case todo o encontro.

Do ano pasado conserva a Josema, Dumi, Javi Fraga, Alberto Rey, Hugo Buide, e fichou ao defensa Montes, do Vilalbés. Os seus máximos goleadores son precisamente Buide, Dumi, Fraga, e Pablo Navia, que levan 3 goles.

O As Pontes pola súa banda perde para este encontro a Adrián Martínez por acumulación de cartóns, e tratará de recuperar a Pardo e Alex pensando nos vindeiros complicados compromisos. Nas visitas pontesas a Castro, dúas vitorias e un empate, pero tres derrotas nos últimos enfrontamentos.

PREFERENTE NORTE
CD CASTRO-CD AS PONTES (ARTURO PEREIRO. DOMINGO 18, 16:00)

FEMININO
CD AS PONTES-CD ROSALÍA (SÁBADO 17, 16:30)

XUVENIL A
VICTORIA CF B-CD AS PONTES (SAN PEDRO DE VISMA 2, SÁBADO 17, 18:15)

XUVENIL B
CD AS PONTES B (DESCANSA)

CADETE
CF ESTRELLA-CD AS PONTES (O CADAVAL, SÁBADO 17, 10:00)

INFANTIL
CD AS PONTES-SCDR NARÓN O FREIXO B (SÁBADO 17, 11:00)

ALEVÍN
NUMANCIA DE ARES CF-CD AS PONTES A (PRADOS VELLOS. VENRES 16, 19:00)
CD AS PONTES B-SCDR GALICIA DE CARANZA DE (SÁBADO 17, 11:00)

BENXAMÍN
FC ORTIGUEIRA-CD AS PONTES A (SAN CLAUDIO, VENRES 16, 18:45)
CD AS PONTES B-ORTIGUEIRA FC B (VENRES 16, 18:00)

PREBENXAMÍN
CD CARIÑO-CD AS PONTES A (SÁBADO 17, 12:30)
CD AS PONTES B-EUME DEPORTIVO BE (SÁBADO 17, 12:10)

Nova cortesía e Xose Ferreiro

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios