SEGUNDA DIVISIÓN “B” DE FÚTBOL SALA: CD UNIVERSIDAD DE VALLADOLID-O ESTEO FS (4-1)

O Esteo é décimo con 19 puntos

215

O Esteo pontés de fútbol sala perdeu este sábado 4-1 no seu desprazamento a Valladolid.

O equipo vallisoletano marchou co 1-0 ó descanso, e púxose 2-0 no segundo. A falta de cinco minutos recurtou distancias Jacobo, que non marcara nas cinco primeiras xornadas pero si nas cinco seguintes e xa leva once tantos.

Pero con porteiro xogador anotaron outros dous tantos máis os locais nun encontro no que Óscar Vigo so contou con tres cambios.

Trala triste expulsión da competición do histórico Prone Lugo, que chegara a ser Campión da Recopa de Europa en 2005, agora o Esteo suma seis puntos máis, e só haberá dous descendidos, mantendo os ponteses agora dez puntos sobre os dous últimos, décimos con 19.

A próxima visita á Fraga, a do complicado Pizarras Tres Cuñados, cuarto clasificado, que chegou a liderar a clasificación.

CD UNIVERSIDAD DE VALLADOLID: David, Javi, Muñoz, Miguelín, David Rodríguez – cinco inicial – Parra, Raulito, Isaac, Sancris, Picolo e Rubén.

O ESTEO FS: Javichu, Cokito, Alex, Héctor, Jacobo – cinco inicial – Rober,  Troncho, Dani.

GOLES: 1-0, Javi (13´), 2-0, Miguelín (31´). 2-1, Jacobo (35´), 3-1, Rubén (38´), 4-1, Isaac (39´).

ÁRBITROS: Merino González, Moreno de Santos, Cea Manuel. (Segovia-Valladolid). Amarelas a Muñoz, Raulito, Isaac,  Cokito, Alex, Héctor, Jacobo. Expulsaron con vermello directo ó porteiro local David.

INCIDENCIAS: Pavillón Fuente de La Mora. Uns 100 espectadores.

Nova cortesía Xose Ferreiro e Moisés Fernández

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios